Mercedes de Acosta

Mercedes de Acosta, nada en Nova York o 1 de marzo de 1892[1] ou 1893 e finada na mesma cidade o 9 de maio de 1968, foi unha poeta, dramaturga e novelista estadounidense. De Acosta escribiu case unha ducia de obras teatrais, das que só catro foron producidas, e publicou unha novela e tres volumes de poesía.[2] Profesionalmente non tivo éxito, mais é coñecida polas súas moitas relacións homosexuais con celebridades de Broadway e Hollywood e as súas amizades con destacados artistas da época.[3][4]

Infotaula de personaMercedes de Acosta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1892 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte9 de maio de 1968 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , deseñador de moda , novelista , guionista , autobiógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaIsadora Duncan
Claire Charles-Roux (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiRicardo de Acosta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAida de Acosta e Rita de Acosta Lydig Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1303941 IBDB: 7703
WikiTree: De_Acosta-31 Find a Grave: 8744496 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De Acosta naceu en Nova York en 1892 ou 1893.[5] O seu pai, Ricardo de Acosta, naceu en España e despois emigrou a Cuba e logo aos Estados Unidos.[2] A súa nai, Micaela Hernández de Alba y de Alba, tamén era española e supostamente descendente dos duques de Alba. De Acosta tiña cinco irmáns: Aida, Ricardo Jr., Angela, Maria e Rita. Maria casou co socialmente prominente A. Robeson Sargent, arquitecto paisaxista educado en Harvard, fillo de Charles Sprague Sargent.[6][7] Rita converteuse nunha famosa beleza coñecida como Rita Lydig. De Acosta asistiu á escola elemental no Covenant of the Blessed Sacrement de West 79th Street en Manhattan onde tivo como compañeira de clase a Dorothy Parker.

De Acosta casou co pintor Abram Poole (Chicago, xaneiro de 1883 – 24 de maio de 1961) en 1920.[8] Divorciáronse en 1935.

Foi descrita en 1955 polo biógrafo de Garbo, John Bainbridge, como "unha muller de maneiras cortesás, de gusto decorativo impecable e grande elegancia persoal... unha muller cunha devoción apaixonada e intensa da arte de vivir... e dotada dun alta espírito, enerxía, curiosidade ecléctica e intereses variados nas artes".[9]

Vida privada editar

 
Arnold Genthe (1869–1942)/LOC agc.7a08461. Mercedes Hede de Acosta, despois de 1919

De Acosta mantivo numerosas relacións lésbicas coa elite de Broadway e Hollywood e non intentou ocultar a súa orientación sexual; a súa vida fóra do armario era rara e audaz na súa xeración.[4] En 1916 comezou unha relación coa actriz Alla Nazimova e máis adiante coa bailarina Isadora Duncan. Pouco despois de casar con Abram Poole en 1920, de Acosta involucrouse nunha relación de cinco anos coa actriz Eva Le Gallienne.[10] De Acosta escribiu dúas obras para Le Gallienne, Sandro Botticelli e Jehanne de Arc. Despois do fracaso financeiro de ambas, ramataron coa relación.

Durante a segunda década estivo envolta con numerosas actrices e bailarinas célebres, incluídas Greta Garbo, Marlene Dietrich, Ona Munson e Tamara Platonovna Karsavina.[11] Ademais, hai rumores sen confirmación de relacións con Pola Negri, Eleonora Duse, Katherine Cornell e Alice B. Toklas.[11]

Adoita dicirse que unha vez afirmou, "podo conseguir calquera muller de calquera home", mais non hai evidencia substancial da frase.[4]

Ardente liberal, de Acosta participou en varias causas políticas. Durante a guerra civil española, por exemplo, apoiou o goberno republicano.[12] Avogada incansable dos dereitos das mulleres, escribiu nas súas memorias, "creo... en todas as formas de independencia das mulleres e fun (…) unha traballadora rexistrada polo sufraxio feminino".[12][13]

Tamén se fixo vexetariana e por respecto aos animais rexeitou levar peles.[14]

Relación con Greta Garbo editar

A relación máis coñecida de De Acosta foi con Greta Garbo. Cando a amiga íntima de Garbo, a escritora Salka Viertel, as presentou en 1931, deseguida comezaron a súa relación.[15] Segundo avanzaba o romance, De Acosta volveuse máis errática e voluble, con Garbo sempre co control.[16] As dúas estiveron moi achegadas esporadicamente e logo apartadas por longas tempadas cando Garbo, anoxada polo comportamento obsesivo de Mercedes, unido ás súas propias neuroses, a ignoraba.[17] En calquera caso, permaneceron como amigas durante trinta anos, nos que Garbo escribiu a de Acosta 181 cartas e telegramas.[18][19] Sobre a súa amizade, Cecil Beaton, amigo íntimo de ambas, rexistrou nas súas memorias de 1958, "Mercedes é a mellor amigo [de Garbo] e durante trinta anos apoiouna, disposta a dedicar a súa vida a ela".[20]

Aínda que se discute que non se pode demostrar unha relación íntima entre elas, de Acosta afirma que foron amantes. En contra da lenda, non dixo tal nas súas memorias. En 1959, cando foi desafiuzada, de Acosta vendeu os seus documentos á Rosenbach Museum & Library de Filadelfia e afirma que de xeito ramiso incluíra as cartas románticas de Garbo.[21] "eu non tería o corazón nin a carraxe de queimar estas cartas", escribiu a William McCarthy, conservador do museo. "Quero dicir, por suposto, de Eva, Greta e Marlene que eran de amantes... Só espero… que serán respectadas e protexidas da mirada do pobo vulgar".[21] All of Garbo's and de Acosta's recent biographers, moreover, discuss their involvement.[22][23][3][4][24] A petición de De Acosta, as cartas de Garbo foron feitas públicas en 2000, dez anos despois da súa morte, e ningunha era explicitamente romántica. Cómpre sinalar que a familia de Garbo, que controla a súa herdanza,[25] só permitiu que se publicasen 87 cartas.[26]

Interese na espiritualidade oriental editar

A principios da década de 1930, de Acosta desenvolveu un interese no hinduísmo e foi impulsada a buscar o místico indio Meher Baba cando este chegou a Hollywood.[27] Durante varios anos foi cautivada pola súa filosofía e os seus métodos e el adoitou darlle consellos sobre formas de afrontar os seus problemas.[28] Máis tarde, estudou a filosofía do sabio hindú Ramana Maharishi, que a introduciu no ioga, a meditación e outras prácticas espirituais que ela esperaba que a axudasen a mitigar o seu sufrimento.[29] En 1938, coñeceu o bailarín hindú dancer Ram Gopal en Hollywood. Inmediatamente estableceron unha boa relación e convertéronse en amigos íntimos.[30] Máis tarde ese mesmo ano viaxaron á India para coñecer a Maharishi.[31]

Cando foi preguntada pola súa relixión, de Acosta dixo unha vez que aínda que crecera no catolicismo, sería, se ten que ser algo, budista.[32]

Vida posterior, autobiografía e morte editar

En 1960, cando de Acosta estaba gravemente enferma por un tumor cerebral e necesitada de cartos, publicou as súas memorias, Here Lies the Heart. O libro foi ben recibido pola crítica e moitos amigos e achegados eloxiárono.[33] Con todo, a súa homosexualidade implícita[34] resultou na ruptura de varias amizades con mulleres que sentiron traizoadas na súa sexualidade. Garbo rematou a súa amizade nese momento. Eva Le Gallienne en particular estaba furiosa, denunciando a de Acosta como mentireira e afirmando que inventara as historias por fama. Esta caracterización é inexacta, posto que moitas das súas relacións con mulleres, incluída Le Gallienne, están confirmadas pola súa correspondencia persoal.[35]

Unha excepción foi Marlene Dietrich, que continuou a escribirse con ela e adorou o libro.[36] Segundo a crítica Patricia White, "se ela arelaba ser vista, MdA foi máis coidadosa co que dicía do que se cre. Escribiu unhas memorias name-dropping, mais para algo atacado por esaxeración, alude sutilmente á homosexualidade".[37] En calquera caso, gañou unha reputación que non foi compartida por todos. Alice B. Toklas, amante de Gertrude Stein e amiga de tempo de De Acosta escribiu unha crítica desaprobadora, "Di o que queiras sobre Mercedes, tivo as mulleres máis importantes do século vinte".[11]

De Acosta faleceu na pobreza aos 75 en Nova York. Está enterrada no Trinity Cemetery de Washington Heights, Nova York.[38][39]

Notas editar

  1. "SSDI". 
  2. 2,0 2,1 "Women Who Paved the Way: Mercedes De Acosta". 2017-03-17. Consultado o 2017-07-08. 
  3. 3,0 3,1 Vickers 1994.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Schanke 2003.
  5. Ruiz, Vicki L.; Korrol, Virginia Sánchez (2006-05-03). Latinas in the United States, set: A Historical Encyclopedia. Indiana University Press. p. 189. ISBN 9780253111692. 
  6. "Miss de Acosta a Bride." (PDF). The New York Times. 7 de novembro de 1909. Consultado o 2 de febreiro de 2012. 
  7. "Andrew R. Sargent Dies." (PDF). The New York Times. 21 de marzo de 1918. Consultado o 2 de febreiro de 2012. 
  8. Aldrich, Robert; Garry Wotherspoon (2001). Who's Who in Gay and Lesbian History. Londres: Routledge. pp. 2. ISBN 0-415-15982-2. 
  9. Bainbridge 1955, p. 190.
  10. Schanke 2003, pp. 56–66, 69–77.
  11. 11,0 11,1 11,2 Schanke 2003, p. 2.
  12. 12,0 12,1 Schanke 2003, p. 143.
  13. Schanke 2003, pp. 35, 106, 113, 117 passim.
  14. Bainbridge 1955, p. 192.
  15. Schanke 2003, pp. 103–105.
  16. Schanke 2003, pp. 100–112 passim.
  17. Schanke 2003, pp. 113, 128, 130 passim.
  18. Swenson 1997, pp. 381, 518.
  19. Paris 1994, p. 264.
  20. Schanke 2003, p. 164.
  21. 21,0 21,1 Schanke 2003, pp. 169–170.
  22. Swenson 1997.
  23. Paris 1994.
  24. Vieira 2005.
  25. Swenson 1997, p. 559.
  26. Smith, Dinitia (18 de abril de 2000). "Letters Push Garbo Slightly into View". The New York Times. Consultado o 7 de maio de 2010. 
  27. Schanke 2003, p. 120.
  28. Schanke 2003, pp. 120, 124–126.
  29. Schanke 2003, pp. 132–133.
  30. Schanke 2003, pp. 134–135, passim.
  31. Schanke 2003, pp. 135–138.
  32. Schanke 2003, p. 138.
  33. Schanke 2003, pp. 2, 166.
  34. White, Patricia (2000). "Black and White: Mercedes de Acosta's Glorious Enthusiasms". Camera Obscura (Duke University Press) 15 (3): 226–265. ISSN 0270-5346. doi:10.1215/02705346-15-3_45-227. 
  35. Schanke 2003, pp. xiii–xiii.
  36. Andrews, Joseph (21 de xullo de 2012). "Marlene Dietrich: The Last Goddess: Thom Nickels' "Daddy, Buy Me That" (Pt. 1)". 
  37. White 2000, p. 240.
  38. "Person Detail: Mercedes De Acosta". New York State Literary Tree. New York State Council on the Arts. 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2011. 
  39. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 11473-11474). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar