Mercedes Tella

pedagoga e escritora galega
(Redirección desde «Mercedes Tella Comas»)

Mercedes Tella Comas, nada na Coruña en 1868 e finada en Vilafranca do Bierzo o 30 de xaneiro de 1934,[1][2] foi unha pedagoga e escritora galega.[3]

Infotaula de personaMercedes Tella

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1868 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xaneiro de 1934 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Vilafranca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , pedagoga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAlfredo Tella Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 57733

Traxectoria editar

Irmá de Alfredo Tella. Estudou Maxisterio na Coruña e marchou a Madrid onde fixo o grao normal. En 1896 foi nomeada profesora auxiliar da Escola Normal de Madrid, e en 1909 profesora supernumeraria da sección de Ciencias da mesma escola. En 1901 obtivo a praza de profesora da Normal da Coruña. Estudou Pedagoxía na Facultade de Filosofía e Letras. Presentou comunicación e interveu nos debates do IX Congreso Internacional de Hixiene e Demografía (1898). Participou na Asemblea dos Amigos de la Enseñanza de Madrid e presentou unha memoria ao Congreso de Medicina de Madrid. Foi redactora da Gaceta de Instrucción Pública. En 1907 foi nomeada directora da Escola Normal da Coruña, permanecendo no cargo até 1911. En 1914 volveu ser nomeada directora, permanecendo no cargo até a súa xubilación. Pronunciou conferencias e escribiu artigos científicos, literarios e pedagóxicos en periódicos e revistas.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[4]

Obras editar

  • Aritmética elemental, 1896 (en colaboración con María Encarnación de la Rigada).
  • Los juegos en la escuela, 1904.

Recoñecementos editar

En 1929 recibiu a Cruz de Afonso XII.

Vida persoal editar

Era irmá do escritor Alfredo Tella e casou con Mario Sánchez Belorado.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar