Mercedes-Benz Superdome
O Mercedes-Benz Superdome, habitualmente coñecido como Superdome, é un recinto deportivo cuberto situado no Central Business District de Nova Orleáns, Luisiana (Estados Unidos). O seu uso principal é ser o estadio local dos New Orleans Saints da National Football League (NFL), así como acoller os partidos da Sugar Bowl e New Orleans Bowl de fútbol americano colexial. O estadio foi inaugurado o 3 de agosto de 1975 como o Louisiana Superdome, cun estilo arquitectónico modernista da firma Curtis and Davis. A súa estrutura de aceiro cobre unha superficie de 53.000 metros cadrados, tendo a cúpula, consistente nunha estrutura lamelar de múltiples aneis, un diámetro de 210 metros, facéndoa unha das cúpulas máis grandes do mundo.[1] O estadio é adxacente ao Smoothie King Center, sede dos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA). O Superdome recibiu atención internacional no ano 2005 debido a que foi utilizado como refuxio durante o Furacán Katrina. De feito, o edificio recibiu múltiples danos como resultado da tempestade.
Mercedes-Benz Superdome | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 29°57′03″N 90°04′52″O / 29.950833333333, -90.081111111111 |
Localización | Nova Orleáns, Estados Unidos |
Alcume | Superdome |
Nomes antigos | Louisiana Superdome (1975–2011) |
Construción | |
Construción | 12 de agosto de 1971 |
Inauguración | 3 de agosto de 1975 (49 anos) |
Arquitecto | Curtis and Davis Associated Edward B. Silverstein & Associates Nolan, Norman & Nolan |
Enxeñeiro | Sverdrup & Parcel |
Custo | $134 millóns |
Estadio | |
Superficie | UBU Speed Ser. S5-M Synthetic Turf |
Capacidade | 73.208 (ampliábel a 76.468) |
Asist. máxima | 73.373 (24/11 de 2014) Saints 27 - 34 Ravens |
Propietario | Louisiana Stadium/Expo District |
Operadora | SMG |
Localía | New Orleans Saints (1975– ) New Orleans Jazz (1975–1979) |
Web | https://www.caesarssuperdome.com/ |
Eventos | |
Super Bowl XII (1978), XV (1981), XX (1986), XXIV (1990), XXXI (1997), XXXVI (2002), XLVII (2013) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO estadio foi inaugurado o 3 de agosto de 1975, cerca de catro anos despois do comezo da súa construción en 1971, en terreos que pertencían ao cemiterio de Girod Street, o cal foi demolido para a construción desta instalación deportiva. Desde o seu comezo serviu como estadio local dos New Orleans Saints da National Football League (NFL), sendo o recinto sede de sete Super Bowls: a XII de 1978 gañada polos Dallas Cowboys, a XV de 1981 dos Oakland Raiders, a XX de 1986 dos Chicago Bears, a XXIV de 1990 dos San Francisco 49ers, a XXXI de 1997 dos Green Bay Packers, a XXXVI de 2002 dos New England Patriots e a XLVII de 2013 dos Baltimore Ravens. O Superdome resultou severamente afectado polo Furacán Katrina de 2005. Con todo, serviu como refuxio para miles de persoas para un dos peores eventos meteorolóxicos da historia dos Estados Unidos. Debido a iso, estadio sufriu unha remodelación e foi reinaugurado en 2006.
Super Bowl
editar- Artigo principal: Super Bowl.
A seguinte é unha lista das edicións da Super Bowl disputadas no Superdome.
Data | Edición | Equipo | Puntos | Equipo | Puntos | Asistencia |
---|---|---|---|---|---|---|
15 de xaneiro de 1978 | XII | Dallas Cowboys | 27 | Denver Broncos | 10 | 76.400 |
25 de xaneiro de 1981 | XV | Oakland Raiders | 27 | Philadelphia Eagles | 10 | 76.135 |
26 de xaneiro de 1986 | XX | Chicago Bears | 46 | New England Patriots | 10 | 73.818 |
28 de xaneiro de 1990 | XXIV | San Francisco 49ers | 55 | Denver Broncos | 10 | 72.919 |
26 de xaneiro de 1997 | XXXI | New England Patriots | 21 | Green Bay Packers | 35 | 72.301 |
3 de febreiro de 2002 | XXXVI | St. Louis Rams | 17 | New England Patriots | 20 | 72.922 |
3 de febreiro de 2013 | XLVII | Baltimore Ravens | 34 | San Francisco 49ers | 31 | 71.024 |
Notas
editar- ↑ "Largest Domes In The World". World Atlas (en inglés).