Mens sana in corpore sano

Mens sana in corpore sano é unha locución latina que significa literalmente "mente sa en corpo san". A esta frase na actualidade confíreselle un valor axiomático e atribúeselle a significación de que, para alcanzar a saúde mental é necesario, ou polo menos moi conveniente, gozar dunha boa saúde física.

Deportista na Coruña

A frase foi adoptada como lema de variadas asociacións deportivas e, na actualidade, aparece implícito en ximnasios, clínicas de adelgazamento e centros de estética. Serve incluso de inspiración para as técnicas de desintoxicación e purificación corporal da Igrexa da Ciencioloxía, que predican que un "corpo limpo implica unha mente limpa", ou para o éxito dos SPA ou modernas termas que proclaman no seu nome (salus per aquam) a saúde física en contacto coa auga.

Orixe editar

Porén, a frase latina de Xuvenal, poeta satírico do século I d. C., recibe hoxe en día un uso notoriamente afastado ao que o seu autor lle deu orixinariamente. A cita completa é "Orandum est ut sit mens sana in corpore sano".[1] Co seu habitual pesimismo cuestiona o contido das pregarias que os homes dirixen aos deuses, a mediocridade das súas peticións nos templos. Máis que posesións, riquezas ou poder, máis que beleza, son outros dons por cuxa concesión hai que rogar. O consello de Xuvenal é que nos manteñamos íntegros, desbotemos as vaidades da vida e saibamos recoñecer e desexar aquilo que, en realidade, é necesario: a saúde física e a rectitude moral.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar