Menandro Protector

(Redirección desde «Menandro o Protector»)

Menandro Protector foi un historiador bizantino que viviu no século VI.

Infotaula de personaMenandro Protector
Nome orixinal(grc) Μένανδρος Προτήκτωρ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , poeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século VI Editar o valor em Wikidata)
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsHerodotus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Non se sabe moito sobre el. Era fillo dunha tal Eufrata e tiña un irmán chamado Herodoto. Estudou dereito pero non exerceu a avogacía, estando máis interesado no teatro e nas carreiras de cabalos no hipódromo. O emperador Mauricio (582-602) animouno a escribir unha continuación da Historía de Agatías e quixo que estivese cabo del na corte.

Lamentabelmente a súa Historia, se cadra en dez libros e que narraba a historia do imperio do 558 ao 582, non se conservou completa senón en poucos fragmentos conservados nos Extractos das Legacións de Constantino VII; os fragmentos da súa obra que se salvaron falan de negociacións diplomáticas entre o imperio e os seus inimigos (ávaros, persas etc.). Un historiador importante definiuno como "mono de Agatías", estaba máis interesado na precisión dos feitos tratados que no estilo, mesmo se o seu estilo de escritura non era tampouco "baixo", como se pode ver no fragmento sobre as negociacións cos persas en cuxos diálogos inseriu palabras en lingua ática.

Escribiu tamén unha obra en verso, conservada na Antoloxía Palatina, que tiña que ver cun mago persa que se converteu ao cristianismo e chegou a mártir.