Memoria (retórica)

En retórica, logo da elaboración do discurso, iníciase a preparación da exposición oratoria que o relator realizará. Denomínase memoria a esa preparación, pois consiste en que o relator aprenda o discurso construído mediante a intelectio, inventio, dispositio e elocutio (etapas do proceso retórico de construción dun discurso).

Logo da memoria, iníciase o acto expositivo oratorio ante o auditorio, denominado actio ou pronuntiatio, que se desenvolve en catro fases: exordium (presentación), narratio (exposición), argumentatio (argumentación) e peroratio (conclusión con finalidade conativa).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar