Memanbetsu

localidade do distrito de Abashiri, en Hokkaido (Xapón)

Memanbetsu (女満別町, めまんべつちょう) foi unha localidade do distrito de Abashiri, na subprefectura de Abashiri (Hokkaido, Xapón). Ten 159.24 km² e 5.896 habitantes. O asentamento data de 1890 pero non foi ata 1921 cando se separou da cidade de Abashiri.

O 31 de marzo de 2006 uniuse á vila de Higashimokoto para formar a nova municipalidade de Ōzora.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.