Melissa McCarthy
Melissa Ann McCarthy, nada en Plainfield (Illinois) o 26 de agosto de 1970,[1] é unha actriz, cómica, escritora, deseñadora de moda e produtora estadounidense.
Comezou a aparecer na televisión e no cinema a finais da década de 1990, e gañou recoñecemento polo seu papel como Sookie St. James na serie de televisión Gilmore Girls (2000–07). Entre 2007 e 2009, interpretou a Dena na telecomedia de ABC Samantha Who? antes de ser escollida como Molly Flynn na sitcom de CBS Mike & Molly (2010–16), papel que lle valeu un Emmy á mellor actriz nunha serie de comedia, así como outras dúas candidaturas nas temporadas seguintes.[2] Tamén foi candidata en cinco ocasións (2012, 2013, 2014, 2016 e 2017) ao Emmy como actriz convidada de comedia polas súas aparicións como presentadora en Saturday Night Live, gañando o premio en 2017.
McCarthy logrou recoñecemento xeral e aclamación da crítica pola súa interpretación na comedia Bridesmaids (2011); por ese traballo recibiu candidaturas ao Óscar como mellor actriz secundaria, aos premio BAFTA e aos Premios do Sindicato de Actores.[3] En 2013, coprotagonizou as comedias Identity Thief e The Heat. Apareceu en papeis secundarios, incluídos The Nines (2007), The Back-up Plan (2010), Así é a vida (2010), This Is 40 (2012) e Resacón 3 (2013). En 2014, McCarthy protagonizou a comedia Tammy e a comedia dramática St. Vincent. En 2015, encabezou a comedia de acción Spy, pola que recibiu unha candidatura ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical.
McCarthy e o seu esposo Ben Falcone fundaron On the Day, unha compañía de produción. En 2015, recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood,[4] lanzou a súa propia liña de roupa, Melissa McCarthy Seven7,[5] e foi declarada a terceira actriz mellor pagada do mundo por Forbes.[6][7] En 2016, Forbes nomeouna como a segunda actriz mellor pagada do mundo, con ganancias de 33 millóns de dólares.[8]
Vida persoal
editarMcCarthy casou co seu mozo, Ben Falcone, actor e alumno de The Groundlings, o 8 de outubro de 2005.[9][10] A parella ten dúas fillas, Vivian, nada en maio de 2007, e Georgette, nada en marzo de 2010.[11] O primeiro embarazo de McCarthy foi incluído na última temporada de Gilmore Girls. Vivian e Georgette apareceron no filme de 2016 The Boss, en que a primeira interpretaba unha versión nova da personaxe da súa nai. Falcone e McCarthy expresaron o desexo de que as súas fillas se centrase na súa educación e procurasen unha carreira profesional na interpretación posteriormente.
Falcone fixo aparicións en filmes e series de televisión de McCarthy, como a terceira temporada de Gilmore Girls, The Nines, Bridesmaids, The Heat, Tammy, Identity Thief, Spy, The Boss, Life of the Party, The Happytime Murders e Can You Ever Forgive Me?.
Dende o principio de Mike & Molly, McCarthy perdeu aproximadamente uns 35 kg. Considera que a perda de peso se debeu a unha dieta alta en proteínas e baixa en carbohidratos, exercicio regular e unha "vida superaburrida" que inclúe ir á cama ás 7:30 p.m.[12]
McCarthy é prima da actriz, modelo e presentadora Jenny McCarthy.[13][14]
Filmografía
editarAno | Filme | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1998 | God | Margaret | Curtametraxe |
1999 | Go | Sandra | |
2000 | Charlie's Angels | Doris | |
2000 | Drowning Mona | Shirley | |
2000 | Auto Motives | Tonnie | Curtametraxe |
2000 | Disney's The Kid | Sky King Waitress | |
2002 | Pumpkin | Cici Pinkus | |
2002 | The Third Wheel | Marilyn | |
2002 | White Oleander | Paramedic | |
2003 | The Life of David Gale | Nico the Goth Girl | |
2003 | Chicken Party | Tot Wagner | |
2003 | Charlie's Angels: Full Throttle | Woman at Crime Scene | Só acreditada |
2007 | Cook Off! | Amber Strang | |
2007 | The Nines | Margaret/Melissa/Mary | |
2007 | The Captain | Fran | Curtametraxe |
2008 | Just Add Water | Selma | |
2008 | Pretty Ugly People | Becky | |
2010 | The Back-Up Plan | Carol | |
2010 | Así é a vida | DeeDee | |
2011 | Bridesmaids | Megan Price | |
2012 | This Is 40 | Catherine | |
2013 | Identity Thief | Diana/Dawn Budgie | |
2013 | Resacón 3 | Cassy | |
2013 | The Heat | Detective Shannon Mullins | |
2014 | Tammy | Tammy Banks | Tamén guionista e produtora |
2014 | St. Vincent | Maggie Bronstein | |
2015 | Spy | Susan Cooper | |
2016 | The Boss | Michelle Darnell | Tamén guionista e produtora |
2016 | Central Intelligence | Darla McGuckian | Cameo |
2016 | Ghostbusters | Dr. Abigail "Abby" Yates | |
2018 | Life of the Party | Deanna Miles | Tamén guionista e produtora |
2018 | The Happytime Murders | Detective Connie Edwards | Tamén produtora |
2018 | Can You Ever Forgive Me? | Leonore "Lee" Israel | |
2019 | The Kitchen | Kathy Brennan | |
2020 | Superintelligence | Carol Peters | Tamén produtora |
TBA | The Starling | Lilly Maynard | |
TBA | Thunder Force | Tamén produtora |
Notas
editar- ↑ Ray, Rahman (23 de agosto de 2013). "Monitor". Entertainment Weekly (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2016.
- ↑ "And the 2011 Emmy Award Nominees Are" (en inglés). TV Fanatic. 14 de xullo de 2011. Consultado o 24 de abril de 2020.
- ↑ "Oscar nominations announced for supporting actress". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 02 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Pharrell, Pitbull Getting Stars on Walk of Fame". Rolling Stone (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2017. Consultado o 28 de xullo de 2017.
- ↑ "Real Girls React to Melissa McCarthy’s Denim Line". PEOPLE.com (en inglés). 21 de decembro de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2017.
- ↑ "Jennifer Lawrence, Scarlett Johansson, Melissa McCarthy Top World's Highest Paid Actresses List". Entertainment Tonight (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2015.
- ↑ "Jennifer Lawrence tops Forbes' highest-paid actress list with Scarlett Johansson and Melissa McCarthy". Daily Mail (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2015.
- ↑ "The World's Highest-Paid Actresses 2016: Jennifer Lawrence Banks $46 Million Payday Ahead Of Melissa McCarthy". Forbes (en inglés). 23 de agosto de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2016.
- ↑ Arieanna (22 de outubro de 2005). "Melissa McCarthy gets married!!". Gilmore News. Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ "Ben Falcone". 2011. Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ Cardoza, Riley (4 de febreiro de 2019). "Melissa McCarthy Admits Her Preteen Daughters Have More Confidence Than She Did Pushing 30". US Weekly. Consultado o 31 de xullo de 2019.
- ↑ Wilson, Samantha (6 de abril de 2016). "Melissa McCarthy: The Secret Behind Her Incredible 75lb Weight Loss Revealed". Hollywood Life. Consultado o 23 de maio de 2016.
- ↑ "Famous Cousins: Melissa McCarthy, Jenny McCarthy and Other Stars Who Are Related". PEOPLE.com (en inglés). 24 de xullo de 2014. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ "Jenny McCarthy Slams Critic Over Melissa McCarthy Weight Diss". E! Online (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melissa McCarthy |