Melchora Aquino

Melchora Aquino de Ramos, nada en Gulod sa Banilad o 6 de xaneiro de 1812 e finada na mesma cidade o 20 de febreiro de 1919 foi unha revolucionaria filipina, coñecida como Tandang Sora ("A vella Sora") por mor da súa participación a avanzada idade durante a revolución filipina.

Melchora Aquino
Tandang Sora.jpg
Nacemento6 de xaneiro de 1812
 Balintawak
Falecemento20 de febreiro de 1919
 Caloocan
SoterradaHimlayang Pilipino
NacionalidadeCapitanía Xeneral de Filipinas, Primeira República das Filipinas, United States Military Government of the Philippine Islands e Governo Insular das Ilhas Filipinas
Ocupaciónrebel
editar datos en Wikidata ]
Melchora Aquino nun billete de 100 pesos

TraxectoriaEditar

Tandang Sora naceu o 6 de xaneiro de 1812[1] no barrio de Gulod sa Banilad ou Banlat[2] no distrito de Balintawak, na época parte de Caloocan, pero que agora pertence a Quezón. Filla dunha parella campesiña, Juan e Valentina Aquino, nunca foi á escola. Así todo, sabía ler e cantaba en festas locais e durante a misa na igrexa da súa parroquia e con frecuencia fixo de Reyna Elena no desfile procesional de maio [3].

Casou con Fulgencio Ramos[4], un campesiño pobre co que tivo seis fillos. Ramos morreu cando seu fillo máis novo tiña sete anos e tivo que se encargar ela soa de seus fillos. Tandang Sora continuou a súa vida como unha activa hermana mayor na celebración festivais, bautizos e vodas e logrou sacar adiante a seus fillos traballando duramente.

Participación na revoluciónEditar

Na súa localidade natal rexentaba unha tenda[5] que tornou refuxio para os revolucionarios (katipuneros) enfermos e feridos. Alimentábaos, dáballe atención médica e animaba os revolucionarios con consellos e oracións e na súa casa tamén realizaban xuntanzas e así comezaron a coñecela cos sobrenomes de "Muller da Revolución", "Nai de Balintawak", "Nai da revolución filipina" e Tandang Sora (Tandang deriva do tagalo matandâ, vella). Ela e mais seu fillo, Juan Ramón, estiveron presentes no Grito de Balintawak e foron testemuñas da destrución das cédulas de identidade[6]

As autoridades españolas interrogárona cando souberon das súas actividades e que coñecía o paradoiro dos katipuneros pero ela negouse a divulgar calquera información. A garda civil detívoa e acabou deportada na illa de Guam o 2 de setembro de 1896, onde permaneceu en arresto domiciliario na residencia de Justo Dungca compartido cunha muller de nome Segunda Puentes[7][8] e volveu a Filipinas repatriada polos norteamericanos, con outros exiliados, o 26 de febreiro de 1903[9]. Pasou os últimos anos da súa vida en Balintawak e rexeitou as ofertas de recompensas monetarias pola súa participación na revolución e morreu cas da súa filla Saturnina en Banlat o 20 de febreiro de 1919 con 107 anos[9].

LegadoEditar

Un distrito e unha estrada de Quezón City levan o nome de Tandang Sora. O seu rostro apareceu na moeda filipina de cinco centavos que se emitiu entre 1967 e 1992 e foi a primeira filipina en aparecer nun billete de Filipinas, concretamente no de 100 pesos da coñecido como serie inglesa (1951-66).

En 2012 durante a celebración do seu 200 aniversario, o goberno local de Quezón decidiu trasladar os seus restos de Himlayang Pilipino Memorial Park ao Santuario Nacional Tandang Sora en Banlat e mais declarou 2012 Ano Tandang Sora</ref>[10].

NotasEditar

  1. Gregorio F. Zaide (1970). Great Filipinos in History: An Epic of Filipino Greatness in War and Peace. Verde Book. p. 63. 
  2. "150-year-old ‘Katipunan’ tree: A mute witness to the 116th PHL Freedom Day celebration in Novaliches". Philippine Canadian Inquirer. 12 de xuño de 2014. 
  3. Carlos Quiriono (1995). Who's who in Philippine History. Tahanan Books. p. 32. 
  4. Alicia Castellanos Escudier. "Melchora Aquino". Diccionario Biográfico. Real Academia de la Historia. 
  5. Anne Commire e Deborah Klezmer (1999). Women in World History: A Biographical Encyclopedia 1. Yorkin Publications. p. 433. 
  6. Teodoro A. Agoncillo (1956). The Revolt of the Masses: The Story of Bonifacio and the Katipunan. University of Philippines. p. 148. 
  7. Augusto V. de Viana, "In the Far Islands,: The Role of Natives from the Philippinees in the Conquest, Colonization and Repopulation of the Mariana Islands. 2004:134.
  8. Isagani R. Medina, "Melchora Aquino Wife of Fulgencio Ramos," In: Women in the Philippine Revolution, Rafaelita Hilario Soriano, ed. Quezon City: Printon Press, 1995, pp 12-13.
  9. 9,0 9,1 "The Tandang Sora bicentennial". Official Gazette. 
  10. Ambeth R. Ocampo (5 de xaneiro de 2023). "Tandang Sora home on her 200th birthday". Philippine Daily Inquirer.