Melbourne Grand Prix Circuit
Circuíto de Melbourne | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Inauguración | 20 de novembro de 1953 Reinauguración: 7 de marzo de 1996 |
Outros nomes | Circuíto de Albert Park |
Carreiras | Fórmula 1 Gran Premio de Australia Fórmula 3 Australian Drivers' Championship Australian Tourist Trophy Supercars Challenge |
Localización | ![]() |
Capacidade | 80.000[1][2][3] espectadores |
Lonxitude | 5´303 km. |
Curvas | 16 (6 esq., 10 dta.) |
Volta rápida (2008) | 1:24.125 |
Piloto récord | ![]() |
Escudería récord | Ferrari |
Coordenadas | 37°50′59″S 144°58′6″L / -37.84972, -144.96833 |
Vista do Circuíto | |
![]() | |
Circuíto orixinal | |
Lonxitude | 5´027 km. |
Curvas | 9 |
Volta rápida (1958) | 1:50.0 |
Piloto récord | ![]() |
Escudaría récord | Cooper–Climax |
Categoría | Fórmula libre |
O Circuíto do Gran Premio de Melbourne (en inglés: Melbourne Grand Prix Circuit) é un circuíto de carreiras urbano que se arma nos arredores do Lago Albert Park, ao sur da cidade de Melbourne, Australia. É recoñecido por albergar anualmente o Gran Premio de Australia de Fórmula 1.
HistoriaEditar
Antes de entrar no campionato de Fórmula 1, o circuíto de Albert Park xa recibira carreiras en 1953 e 1956. Despois de que Adelaida fora o escenario anual da Fórmula 1 durante 11 anos, en 1996 a Fórmula 1 mudouse a Melbourne, escenario da primeira proba da temporada, despois de pehar Adelaida a temporada anterior.
Para a realización da proba, reasfaltouse para garantir consistencia e suavidade. Jacques Villeneuve fixo a primeira pole position. Arrancou e mantivo o liderado ata a volta 53, cando foi superado polo seu compañeiro de equipo Damon Hill despois de ter problemas coa presión do aceite do coche. Así, a carreira acabou cun dobrete de Williams. Eddie Irvine, de Ferrari, completou o pódio, na terceira posición.
DeseñoEditar
O circuíto utiliza seccións da estrada normal que circunvala o lago de Albert Park, un pequeno lago artificial ao sur do distrito central de negocios de Melbourne. Os tramos de estrada que se utilizan foron reconstruídos antes do evento inaugural en 1996 para asegurar a consistencia e suavidade. Como resultado, en comparación con outros circuítos urbanos, a pista de Albert Park ten unha gran superficie lisa. Antes de 2007 existían só uns poucos circuítos no calendario de Fórmula 1 cun espello de auga preto da pista. Moitos dos novos circuítos, como Valencia, Singapur e Abu Dabi imitaron esa característica.
Aínda que é un trazado urbano (ou semi-urbano, xa que moitas das rúas foron remodeladas co Gran Premio en mente), a pista é relativamente ancha e rápida. O trazado considérase que é bastante rápido e relativamente fácil de conducir, os pilotos comentaron que a colocación coherente das curvas permítelles aprender facilmente o circuíto e conseguir tempos competitivos. Con todo, o terreo chan ao redor do lago, xunto cun deseño da pista que conta con poucas rectas reais, significa que a pista non é moi propicia para adiantar, lamentablemente, o terreo chairo e as barreiras de seguridade impiden ter unha boa vista do trazado, coa excepción das tribunas.
Cada ano, a maioría das escapatorias de terra, pontes peonís, tribunas e demais infraestruturas móntanse ao redor dun mes antes do fin de semana do Gran Premio e retíranse dentro das 6 semanas posteriores ao evento. Algunhas zonas ao redor do circuíto (incluíndo un gran centro acuático, un campo de golf, o Lakeside Stadium, algúns restaurantes e a mariña) restrinxen o acceso durante o fin de semana de Gran Premio. A pesar da popularidade do evento, moitos habitantes locais teñen os seus reparos respecto ao mesmo debido ao movemento xerado, ao ruído e ao diñeiro investido que, afirman, ben podería usarse para construír un circuíto permanente afastado das zonas residenciais. Isto provocou varias manifestacións contrarias á realización da carreira en forma anual.
O Grand Prix continuará polo menos ata 2020 logo de conseguir un novo contrato con 'Formula One Management'.
CaracterísticasEditar
- Espectadores: 80.000
- Lonxitude do circuíto: 5´303 quilometros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 58 voltas = 307´574 quilometros. 16 curvas en total.
- Recta máis longa: 860 metros
- Distancia ata a Curva 1: 350 metros
- Curva máis rápida: 250 km/h, Curvas 11/12
- Curva máis lenta: 90 km/h, Curva 15
- Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 318 km/h con DRS, 308 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 64% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 13% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta: 55 por volta, 3.190 por carreira
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: alto
- Desgaste dos pneumáticos:
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´34 segundos.
- Marca volta: 2011, 1’23.529 – Sebastian Vettel (Red Bull)
Tódolos gañadores de Fórmula 1, no circuíto de MelbourneEditar
Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1996 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:32:50,491 h | 5´302 km | 58 | 198´736 km/h | 10. marzo | Australia |
1997 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:30:28,718 h | 5´302 km | 58 | 203´926 km/h | 9. marzo | |
1998 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:31:45,996 h | 5,303 km | ´8 | 201´102 km/h | 8. marzo | |
1999 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:35:01,659 h | 5´303 km | 57 | 190´852 km/h | 7. marzo | |
2000 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:34:01,987 h | 5´303 km | 58 | 196´255 km/h | 12. marzo | |
2001 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:38:26,533 h | 5´303 km | 58 | 187´465 km/h | 4. marzo | |
2002 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:35:36,792 h | 5´303 km | 58 | 193´011 km/h | 3. marzo | |
2003 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:34:42,124 h | 5´303 km | 58 | 194´868 km/h | 9. marzo | |
2004 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:24:15,757 h | 5´303 km | 58 | 219´011 km/h | 7. marzo | |
2005 | Giancarlo Fisichella | Renault | 1:24:17,336 h | 5´303 km | 57 | 215´168 km/h | 6. marzo | |
2006 | Fernando Alonso | Renault | 1:34:27,870 h | 5´303 km | 57 | 191´990 km/h | 2. abril | |
2007 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:25:28,770 h | 5´303 km | 58 | 215´893 km/h | 18. marzo | |
2008 | Lewis Hamilton | McLaren-Mercedes | 1:34:50,616 h | 5´303 km | 58 | 194´578 km/h | 16. marzo | |
2009 | Jenson Button | Brawn GP-Mercedes | 1:34:15.784 h | 5´303 km | 58 | 195´776 km/h | 29. marzo | |
2010 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:33:36.531 h | 5´303 km | 58 | 197´144 km/h | 28. marzo | |
2011 | Sebastian Vettel | Red Bull Racing | 1:29:30.259 h | 5´303 km | 58 | 206´184 km/h | 27. marzo | |
2012 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:34:09.565 h | 5´303 km | 58 | 195´991 km/h | 18. marzo | |
2013 | Kimi Räikkönen | Lotus Renault | 1:30:03.225 h | 5´303 km | 58 | 204´926 Km/h | 17. marzo | |
2014 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:32:58.710 h | 5´303 km | 58 | 195´059 Km/h | 16. marzo | |
2015 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:32:58.710 h | 5´303 km | 58 | 200´808 Km/h | 15. marzo | |
2016 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:48:15.565 h | 5´303 km | 57 | 167´526 Km/h | 20. marzo | |
2017 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:24:11.672 h | 5´303 km. | 57 | 215´409 Km/h | 26. marzo | |
2018 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:29:33.283 h | 5´303 km. | 58 | 206´069 Km/h | 25. marzo | |
2019 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:25:27,325 h | 5´303 km. | 58 | 215´954 Km/h | 17. marzo |
Récord: M.Schumacher (4 veces)
Voltas rápidasEditar
No 23 de marzo de 2017.[4]
Clase | Piloto | Vehículo | Tempo | Data |
---|---|---|---|---|
Circuíto orixinal | ||||
Non oficial | Stirling Moss | Cooper Climax | 1:50.0 | 30 de novembro de 1958 |
Circuíto de Gran Premio | ||||
Non oficial | Michael Schumacher | Ferrari F2004 | 1:24.125 | 7 de marzo de 2004 |
Coches de carreiras | ||||
Fórmula 1 | Michael Schumacher | Ferrari F2004 | 1:24.125 | 7 de marzo de 2004 |
Fórmula 3 | Bruno Senna | Dallara F304 Spiess Opel | 1:50.8640 | 3 de marzo de 2006 |
Fórmula Ford | Chaz Mostert | Spectrum 012 Ford | 2:04.4805 | 27 de marzo de 2010 |
coches de carreiras históricos | ||||
Fórmula 5000 | Ken Smith | Lola T430 Chevrolet | 1:54.6975 | 28 de marzo de 2010 |
coches deportivos | ||||
Australian GT | Craig Baird | Mercedes-AMG GT | 1:55.1134 | 17 de marzo de 2016 |
Carrera Cup | Ben Barker | Porsche 997 GT3 Cup | 1:58.3646 | 26 de marzo de 2011 |
Nations Cup | Paul Stokell | Lamborghini Diablo GTR | 2:00.685 | 8 de marzo de 2003[5] |
Aussie Racing Cars | James Small | Commodore-Yamaha | 2:16.0196 | 15 de marzo de 2008 |
coches de turismo | ||||
Supercars Championship | Fabian Coulthard | Ford FG X Falcon | 1:54.3972 | 23 de marzo de 2017 |
V8 Ute Racing Series | Kerry Wade | Ford Falcon Ute | 2:24.1712 | 30 de marzo de 2006 |
Coches de turismo históricos | ||||
Grupo A | Terry Lawlor | Nissan Skyline R32 GT-R | 2:10.8171 | 13 de marzo de 2015 |
Group C | Milton Seferis | Holden VH Commodore SS | 2:18.9539 | 14 de marzo de 2015 |
NotasEditar
- ↑ "Albert Park". ESPN UK. Consultado o 31 de maio de 2017.
- ↑ "Group Trips To Grand Prix". groupandpay.com. 1 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2017. Consultado o 31 de maio de 2017.
- ↑ "Melbourne Grand Prix Circuit". www.worldofstadiums.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 31 de maio de 2017.
- ↑ "NATSOFT Race Timing". natsoft.com.au. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 31 de maio de 2017.
- ↑ "PROCAR Stats" (PDF). www.procar.com.au. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xuño de 2004. Consultado o 31 de maio de 2017.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melbourne Grand Prix Circuit |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial
- Albert Park at Official Formula 1 website
- Albert Park Melbourne Grand Prix Circuit on Google Maps (Current Formula 1 Tracks)
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |