Meirchion Gul

Meirchion Gul foi rei de Rheged, un reino Britónico na área do que se chamou o Hen Ogledd (hoxe no norte de Inglaterra). Reinou probabelmente a finais do século V.

Meirchion Gul
Nacemento438
Falecemento535
NacionalidadeRheged
Ocupaciónmonarca
PaiGwrwst Lledlwm
FillosCynfarch Oer e Elidyr Llydanwyn
editar datos en Wikidata ]

Non se coñece moito sobre Meirchion. O seu epíteto significa o Delgado. É mencionado no Bonedd Gwŷr y Gogledd, un texto xenealóxico en galés medio, como fillo do igualmente escuro Gwrwst Lledlwm, un neto de Coel Hen. Dise tamén que foi o avó do moito mellor documentado Urien Rheged. Suponse que, como Urien, todos eles gobernaron Rheged.

Os seus dous fillos, Cynfarch Oer e Elidyr Llydanwyn, encabezan dúas dinastías posteriores. Cynfarch Oer foi o pai de Urien. Hai quen suxire que outro fillo, Elidyr Llydanwyn (o Forte e Fermoso), pai de Llywarch Hen, foi o gobernante dun non documentado 'Rheged Meridional'.