A medianoite[1], ou metade da noite, é na actualidade a hora que sinala a fin do día (as 24 horas) e o comezo do día seguinte. É produto dunha convención cultural, para permitir o cálculo do transcurso do tempo. Na antigüidade a fin do día viña dada polo solpor ou o amencer solares.

Foto tomada durante a medianoite.

Fálase de medianoite solar en oposición ao mediodía solar, cando o Sol está no nadir -xusto embaixo dos pés do observador (figuradamente), no punto oposto ao meridiano local-, que é o momento de maior negritude da noite (sen contar a luz estelar doutros obxectos como a Lúa).

Coa creación do fuso horario internacional, creando meridianos graduados para toda a superficie terrestre, deixouse de usar o horario referido ao meridiano local, para usar o convencional referido a zonas horarias, que en Galiza non coincide co natural, do que polo menos está afastado unha hora ao ter o horario peninsular fixado ao continental europeo, cando o noso meridiano local é o mesmo que o de Irlanda.

Comezo e fin do día

editar
 
Reloxo dixital indicando a medianoite en formato de 24 horas.

A medianoite, marca ámbolos dous momentos de comezo e fin de cada día na hora civil, isto fai necesario diferencialos.

Na notación de 24 horas:

  • As 00:00 sinalan o comezo dunha data, comezo da noite nova, equivale as 24:00 que sinalan a fin dunha data, fin da noite vella.

Na notación de 12 horas meridianas -actualmente:

  • As 00:00 A.M. (as cero horas antemeridianas), equivale as 12:00 A.M. (as 12 horas antemeridianas) tamén chamadas as doce da noite, sinalan a medianoite e o comezo dunha data, noite nova.
  • As 12:00 P.M. (as 12 horas posmeridianas) tamén chamada as doce da mañá, sinalan o mediodía.
  • As 11:59:59 P.M. (as once horas, cincuenta e nove minutos, e cincuenta e nove segundos posmeridianos) sinalan o derradeiro segundo dunha data, noite vella.

En ámbolos dous casos de contas, en 12 ou 24 horas, trátase de cómputos de series de números ordinais (non cardinais), polo que non incluíron o cero ata o século XX, cando se fixeron corresponder as 24 horas coas modernas cero horas. En calquera dos dous casos, son contas inclusivas, isto é, sempre contan o total acumulado.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar