McDonnell FH Phantom

O McDonnell FH Phantom foi un caza bimotor deseñado durante a segunda guerra mundial para a Armada dos Estados Unidos. O Phantom foi o primeiro reactor puro en aterrar nun portaavións estadounidense[1] e o primeiro despregado polo Corpo de Marines. Aínda que o seu tempo de servizo en primeira liña foi relativamente breve, axudou a probar aos líderes da Mariña a viabilidade dos reactores baseados en portaavións. Ademais, foi o primeiro caza exitoso de McDonnell, levando ao desenvolvemento do seu sucesor, o McDonnell F2H Banshee, un dos dous cazas navais máis importantes da Guerra de Corea, que tamén establecería a McDonnell como un importante provedor de avións da Armada.[2] Só se fabricaron 62 FH-1 antes de que a produción cesase para construír o máis potente F2H Banshee.

McDonnell FH Phantom
Tipocaza embarcado
FabricanteMcDonnell Aircraft
Primeiro voo25 de xaneiro de 1945
Introducidoagosto de 1947
Retiradoxullo de 1954
Estadoretirado
Unidades construídas62
VariantesMcDonnell F2H Banshee

O FH Phantom foi orixinalmente coñecido como FD Phantom, pero a designación cambiouse cando o avión entrou en produción.

Variantes editar

XFD-1
Prototipo equipado con motores de 5,18 kN Westinghouse 19XB-2B (J-30). Fabricáronse dous.[1]
FH-1 (FD-1)
Versión de produción con motores de 7,1 kN Westinghouse J30-WE-20 (orixinalmente designouse FD-1). 60 fabricados.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Angelucci e Bowers 1987, p. 268
  2. USN F-4 Phantom II vs VPAF MiG-17/19: Vietnam 1965-73. Osprey Publishing

Bibliografía editar