Coordenadas: 26°19′S 31°8′L / -26.317, -31.133

Mbabane (suazi: ÉMbábáne), cunha poboación estimada de 70.000 habitantes (2003), é a capital de Suacilandia. É tamén a capital do distrito de Hhohho.

Mbabane
ÉMbábáne
Mbabane.jpg
Rúa de Mbabane
Localización
Mbabane en Suacilandia
Mbabane
Mbabane
PaísFlag of Eswatini.svg Suacilandia
DistritoHhohho
Xeografía
Altitude1.243 msnm
Superficie150 km²
Demografía
Poboación94.874 hab. (2010)
Densidade630 hab/km²
Outros datos
Código postalH100
Páxina oficial de Mbabane

XeografíaEditar

A cidade está situada nun planalto a uns 1.150 m de altitude, no val do río Mbabane, tributario do Polinjane River, e cerca dos montes Mdimba. O posto fronteirizo máis próximo con Suráfrica é Ngwenya-Oshoek. As súas coordenadas son 26º 19" S e 31ª 08" L.

ClimaEditar

 
Rúa en Mbabane

A relativamente elevada altura na que se localiza Mbabane mitiga o clima tropical que lle corresponde pola súa latitude; con todo as temperaturas medias son altas, con 15 °C de media en xullo (o centro do inverno austral) e 22 °C en xaneiro (verán austral)[1].

Breve HistoriaEditar

Mbabane comezou a medrar a partir de 1902, cando o centro administrativo da colonia foi trasladado desde Manzini. Na actualidade é o corazón comercial das terras da veciñanza, nas que se explotan minas de estaño e ferro. A minería, a exportación de azucre e o turismo, son os rubros que dinamizan a economía de Mababane e de toda Suacilandia.

 
Cabana-tenda portátil en Mbabane.

EducaciónEditar

Mbabane é sede do Waterford-KaMhlaba United World College de África do Sur.

Cidades irmandadasEditar

NotasEditar

  1. The Cambridge Factfinder, fourth edition

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar