Mazurek Dąbrowskiego

Mazurek Dąbrowskiego (AFI: [ma'zurɛk dɔmbrɔf'skʲɛgɔ], Mazurca de Dąbrowski) é o himno nacional de Polonia.

Mazurek Dąbrowskiego
En galego: A mazurca de Dąbrowski
Pieśń Legionów 1.jpg
Himno dePolonia Polonia
LetraJózef Wybicki
1797
MúsicaDescoñecido
Adoptado1926
Mostra da música

HistoriaEditar

Escrito en Reggio Emilia en 1797 por Józef Wybicki[1]. Foi chamado anteriormente de Pieśń Legionów Polskich we Włoszech ("A canción das lexións polacas en Italia").[2]

Orixinalmente estaba destinada a aumentar a moral dos soldados do xeneral Jan Henryk Dąbrowski que serviron co exército de Napoleón nas campañas italianas. A Mazurca expresaba a idea de que a nación polaca, a pesar de carecer dun Estado de seu, non desaparecera; converteuse nunha das cancións patrióticas máis populares en Polonia.[3]

Tivo que pasar máis dun século até que a Mazurca puidese ser cantada libremente en Galicia. Após o levantamento de Cracovia de 1846, Kornel Ujejski compuxo Coral, adoptada como himno non oficial.[4]

A música é unha mazurca sen atribuír e considerada "melodía popular". Cando Polonia volveu xurdir como estado independente en 1918, a "Mazurca de Dąbrowski" converteuse de facto no seu himno, oficialmente en 1926.

Variacións e outras versiónsEditar

  • A principios do século XIX, cada unha das nacionalidades do Imperio Austríaco cantaba xunto ao himno imperial, e mesmo en vez del, o seu propio himno nacional. Os polacos de Galicia non eran partidarios de Mazurka Dąbrowski nin de Warszawianka, populares no estranxeiro. Segundo Davies Norman "Preferiron a triste Coral, cuxas palabras foron escritas en 1846 por Kornel Ujejski, conmocionado pola incursión galega conmocionado pola incursión en Galicia"[4]
  • En 1982, durante o Mundial de Fútbol, no partido entre Italia e Polonia xogado en Vigo, interpretouse o himno galego Os Pinos coa música de Pascual Veiga. Na retransmisión oficial de RTVE comentaron que os polacos estaban "escoitando emocionados o seu himno", e despois foi atribuído a un erro; porén, o speaker do Celta de Vigo afirmou que o fixo de xeito deliberado, pois non estaba establecido un protocolo.[5]
  • En 2021, un proxecto de lei di que se cambiarán as estrofas segunda e terceira do himno que fai referencia ás guerras polaco-suecas.

LetraEditar

Mazurek Dąbrowskiego
Jeszcze Polska nie zginęła,
Kiedy my żyjemy.
Co nam obca przemoc wzięła,
Szablą odbierzemy.
Marsz, marsz, Dąbrowski,
Z ziemi włoskiej do Polski,
Za twoim przewodem
Złączym się z narodem.
Przejdziem Wisłę, przejdziem Wartę,
Będziem Polakami,
Dał nam przykład Bonaparte,
Jak zwyciężać mamy.
Marsz, marsz, Dąbrowski...
Jak Czarniecki do Poznania
Po szwedzkim zaborze,
Dla ojczyzny ratowania
Wrócim się przez morze.
Marsz, marsz, Dąbrowski...
Już tam ojciec do swej Basi
mówi zapłakany:
"Słuchaj jeno, pono nasi
Biją w tarabany."
Marsz, marsz, Dąbrowski...
Tradución

Polonia non desaparecerá,
namentres nós vivamos.
Aquilo que a prepotencia estranxeira nos tirou,
Coa espada habemolo reconquistar.

Marche, marche, Dabrowski,
de terra italiana cara a Polonia,
Baixo o seu liderado
unirémonos coa Nación.

Pasaremos o Vístula, pasaremos o Varta,
Seremos polacos,
Bonaparte aprendeunos
a sermos vencedores.

Marche, marche, Dabrowski...

Como Czarniecki en Poznań
trala invasión sueca,
a salvar o noso país
Volveremos polo mar.

Marche, marche, Dabrowski...

O pai dicíalle á súa Bárbara
con bágoas nos ollos:
"Escoita, disque son nosos
que baten nos tambores"

Marche, marche, Dabrowski...

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  1. "Dąbrowski Mazurka ; Polish national anthem". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-04-09. 
  2. "Pieśń Legionów Polskich we Włoszech - analiza i interpretacja". klp.pl (en polaco). Consultado o 2022-04-09. 
  3. "Polish National Anthems: Dabrowski Mazurka". web.archive.org. 2013-02-26. Archived from the original on 26 de febreiro de 2013. Consultado o 2022-04-09. 
  4. 4,0 4,1 "Davies Norman - Zaginione królestwa.pdf [PDF]". epage.pub (en inglés). Consultado o 2022-04-09. 
  5. Ereaga, Publicado por Txema. "Antón López : La voz de Balaídos .". Consultado o 2022-04-09.