Mayday (en inglésmayday[ˈmeɪ.deɪ] (AFI)en-us-mayday.ogg escoitar) é un sinal de socorro utilizado internacionalmente como chamada de emerxencia nas comunicacións de radiotelefonía.

A vella ponte Sunshine Skyway Bridge sobre a baía de Tampa.
A vella ponte Sunshine Skyway Bridge sobre a baía de Tampa.
Un exemplo marítimo: chamada de mayday feita polo MV Summit Venture cando colidiu coa ponte Sunshine Skyway Bridge en 1980, provocando que colapsase.

Emprégase para indicar unha emerxencia na que hai risco de perder a vida en diversos ámbitos como na aviación e na mariña e, nalgúns países, tamén o utilizan as forzas policiais, os bombeiros e as organizacións de transporte. A chamada sempre se fai tres veces seguidas para evitar confusións: «mayday mayday mayday».[1]

Orixe do termoEditar

Aider é o infinitivo do verbo reflexivo «axudar» na sintaxe francesa. Non obstante, non se usa como unha orde imperativa por si mesma. Por este motivo a conversión realmente quere dicir, abreviado en francés, «venez m’aider» («acudídeme»). A forma imperativa "m'aidez" (gramaticalmente o correcto sería «Aidez-moi») considérase unha alternativa aceptable.

No entanto, en ambos casos mayday debe ser considerada unha representación fonética inglesa. Convén resaltar que en inglés a frase utilízase só como chamada de socorro, mentres que no francés ten menos sentido de urxencia que a súa forma en inglés. O que os francofalantes utilizan en caso de emerxencia é a chamada «au secours!» (en francésau secours[o sə.kuʁ] (AFI), «socorro!»).

Chamada de auxilioEditar

A situación na que se utiliza mayday é cando unha embarcación, un avión ou un vehículo se atopa en perigo grave e inminente, e require axuda inmediata. As situacións de «perigo grave e inminente» nos que sería apropiada unha chamada de mayday poden ser lume, explosión ou afundimento. Tamén se utiliza en aeronáutica, cando a aeronave está en grave risco de accidente, xa sexa por fallos nos sistema de navegación, condicións climáticas adversas, secuestro, ameaza terrorista etc.

Seelonce maydayEditar

"Seelonce mayday" (en inglésseelonce mayday[si.lɑ̃s ˈmeɪ.deɪ] (AFI)) é unha esixencia para que o canal se utilice unicamente polos buques e as autoridades involucradas na emerxencia. O canal non se pode utilizar polo tráfico convencional ata que se transmita "seelonce feenee" (en inglésseelonce feenee[si.lɑ̃s fi.ni] (AFI)). "Seelonce feenee" significa que a situación de emerxencia rematou e o canal pode usarse normalmente a partir dese momento.

Tanto "seelonce mayday" como "seelonce feenee" só poden ser comunicados pola estación de control a cargo da emerxencia.

A expresión "stop transmitting – mayday" é o equivalente aeronáutico de "seelonce mayday". "Seelonce distress" e "prudonce" xa non se utilizan dende a Conferencia Mundial de Radiocomunicación do ano 2007 da Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT). "Distress traffic ended" é o equivalente aeronáutico de "seelonce feenee".[2]

HistoriaEditar

A chamada de emerxencia mayday xurdiu en 1923 no aeroporto de Croydon en Londres dun operador de radiotelefonía.[3] Solicitóuselle ó operador Frederick Stanley Mockford[4] que pensara unha palabra que indicase angustia e que fose comprendida facilmente por tódolos pilotos e o persoal de terra durante unha situación de emerxencia. Dado que naquel momento no aeroporto de Croydon gran parte do tráfico se producía co aeroporto de Le Bourget en París, propuxo a expresión mayday do francés m'aider, forma abreviada de «venez m'aider» («acudídeme»).[5]

En 1927 a chamada de emerxencia mayday foi adoptada pola Convención Radiotelegráfica Internacional de Washington como chamada de socorro radiotelefónica. Antes de mayday, SOS era o seu equivalente radiotelegráfico no código Morse.[6]

NotasEditar

Tódalas referencias en inglés agás cando se indique o contrario
  1. "Radio Information for Boaters". US Dept of Homeland Security - US Coast Guard. 15-09-2016. Arquivado dende o orixinal o 15-01-2020. Consultado o 26-06-2020. 
  2. "DISTRESS alert (GMDSS)". egmdss.com. Consultado o 26-06-2020. 
  3. National Maritime Museum Cornwall (ed.). "Why Mayday?". Research Questions. Consultado o 26-06-2020. 
  4. "It’s MayDay – But That Means Trouble for Aviators". Yorkshire Air Museum. Arquivado dende o orixinal o 24-03-2019. Consultado o 30-06-2020. 
  5. "Mayday - Definición de Mayday en inglés no dicionario Oxford". Oxford Dictionary. 
  6. "International Radiotelegraph Convention of Washington, 1927" (PDF). International Telecommunication Union (ITU). p. 81. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08-03-2014. Consultado o 30-06-2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar