Mayagüez

Coordenadas: 18°12′04″N 67°08′23″O / 18.20111, -67.13972

Mayagüez é a oitava cidade máis grande de Porto Rico.[1] Foi fundada orixinalmente como "Nuestra Señora de la Candelaria" e é tamén coñecida como "La Sultana del Oeste" (A Sultana do Oeste), "Ciudad de las Aguas Puras" (Cidade das Augas Puras), ou "Ciudad del Mangó" (Cidade do Mangó). O 6 de abril de 1894, a coroa española deulle o título de "Excelente ciudad de Mayagüez" (Excelente Cidade de Mayagüez).[2][3] Mayagüez está situada no centro da costa oeste da illa de Porto Rico. É a principal cidade da Area Metropolitana Estatística de Mayagüez e da Área Estatística Combinada Mayagüez-San Germán-Cabo Rojo.

Mayagüez
Mayaguez-flag.svg
Mayagüez seal.JPG
MayaguezCityHall.jpg
Localización
Mayagüez en Porto Rico
Mayagüez
Mayagüez
PaísFlag of Puerto Rico.svg Porto Rico
EstadoEstados Unidos de América Estados Unidos
Estado Libre AsociadoFlag of Puerto Rico.svg Porto Rico
Distrito senatorialMayagüez
Xeografía
Superficie201.1 km²
Demografía
Poboación104.557 hab. (2000)
Densidade489,4 hab/km²
Xentiliciomayagüezano
Outros datos
AlcaldeJosé Guillermo Rodríguez (PPD)
www.mayaguez.pr/

HistoriaEditar

Mayagüez foi fundada en 1760 por Faustino Martínez de Matos, Juan de Silva e Juan de Aponte nun outeiro localizado a arredor dun quilómetro da baía de Mayagüez e a desembocadura do río Yaguez.

No 1763 España concedeulle aos fundadores o dereito de goberno autónomo, oficialmente separando a vila de Mayagüez do Partido de San Germán. Orixinalmente o puebo de Mayagüez tiña como nome "Nuestra Señora de la Candelaria de Mayagúez". Este nome xorde debido a que a meirande parte dos poboadores, incluíndo os fundadores, proviñan das Illas Canarias onde teñen como santa patroa á Virxe da Candelaria.

No 1836 o pobo foi elevado ao status de villa. Nese momento a agricultura era a principal actividade económical Tres anos despois, en 1839 Eugenio María de Hostos, importante educador, sociólogo, filósofo e escritor, naceu en Mayagüez.

En 1841 un lume destruíu parcialmente a vila, que foi reconstruída con algunhas das súas estradas principais agrandadas para previr a dispersión de lumes futuros. O gobernador militar de Porto Rico da época, o xeneral Santiago de Méndez Vigo, recaudou fondos para reconstruír a cidade. Na actualidade unha das avenidas principais de Mayagüez leva o seu apelido.

En 1911 fundouse o Colexio de Agricultura, que un ano despois pasou a ser o Colexio de Agricultura e Artes Mecánicas (CAAM). Conservou este nome durante 50 anos. Actualmente é coñecido como o Recinto Universitario de Mayagüez (RUM) da Universidade de Porto Rico.

O 11 de outubro de 1918 Mayagüez foi parcialmente destruída de novo polo Terremoto de San Fermín. O sismo acadou unha magnitude aproximada de 7.3 na escala de Richter e se cobrou a vida de 116 persoas.[4]

DemografíaEditar

Segundo o censo de 2009 levado a cabo pola Oficina do Censo dos Estados Unidos, en Mayagüez residían 92.156 persoas (fronte aos 98.434 do ano 2000). A densidade de poboación era de 458 hab/km².[5][6] A cidade posúe unha importante "poboación universitaria", aumentando nunhas 10.000 persoas a súa poboación. O 98,9% da poboación é de orixe hispana ou latino (que poden ser de calquera raza).

Das 31.877 fogares de 2007 en Mayagüez, o 38.6% eran parellas casadas, o 22.3% tiñan unha cabeza de familia feminina sen presenza do marido, e o 33.7% non eran familiares. O 33.3% tiñan fillos por debaixo dos 18 anos vivindo cos pais. De tódolos fogares o 27.8% estaban formados por un individuo e no 9.8% vivía unha persoa de 65 anos ou máis vivindo soa. A media de persoas por casa é de 2,75 habitantes e a familia media de 3,41 membros.

En Mayagüez, o 26,9% da poboación estaba por debaixo dos 18 anos, o 10,3% entre os 18 e os 24, o 30,8% entre os 25 e os 44, o 20,6% entre os 45 e os 64, e o 11,5% tiña 65 anos ou máis. A media de idade era de 33 anos. En Mayagüez residen máis mulleres que homes, con 88,4 homes por cada 100 mulleres.

Razas de Mayagüez, Porto Rico - Censo de 2010[7]
Raza Poboación % do Total
Brancos 70,091 78.7%
Negros/Afro-portorriqueños 7,345 8.2%
Indios Americanos e Nativos de Alaska 679 0.8%
Asiáticos 189 0.2%
Nativos hawaianos/Isleños do Pacífico 10 0.0%
Outras razas 7,664 8.6%
Dúas ou máis razas 3,102 3.5%

XeografíaEditar

Mayagüez está localizada na parte central da costa oeste de Porto Rico. A súa extensión é de 201.06 km² e a súa xeografía está composta por un extenso val aluvial na costa da baía de Mayagüez ao oeste do municipio, chairas costeiras e mangleiros nas fronteiras do norte e sur; e montañas no centro, nordeste e sueste do concello.

O concello limita ao norte cos de Añasco e Las Marías, con Cabo Rojo, Hormigueros e San Germán ao sur, coa canle da Mona ao oeste e cos concellos de Las Marías e Maricao ao este.

As illas de Mona e Monito forman parte do termo municipal do Mayagüez.

ClimaEditar

Mayagüez posúe un clima tropical monzónico (Clasificación climática de Köppen Am). A cidade posúe o clima máis extremo da illa. A elevada frecuencia de treboadas severas no verán pode producir fortes ventos, inundacións, e mesmo saraiba e tornados. A temperatura media anual é de 24 °C. O inverno adoita ser seco e fresco, con temperaturas entre os 28 °C e os 13 °C. O verán adoita ser moi cálido e húmido, con temperaturas que chegan a acadar os 35 °C. De maio a outubro, é frecuente que se produzan fortes treboadas pola tarde debido á calor, a humidade e á topografía da área.

  Rexistros de Mayagüez
(1971-2000, récords dende 1775)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Récord de máximas (°C) 35 36 36 37 37 37 37 37 37 37 37 36
37
Temperatura media máxima (°C) 30 30 31 31 32 33 33 33 33 32 32 31
31
Temperatura mínima media (°C) 18 18 19 20 21 22 22 22 22 22 21 20
21
Temperatura mínima récord (°C) 11 6 10 14 14 16 14 14 15 16 8 13
6
Precipitacións (mm) 28 52 39 123 271 131 168 299 321 189 198 123
1713
Fonte: The Weather Channel [8]

Cidades irmásEditar

NotasEditar

  1. "Puerto Rico Municipio.". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2012. 
  2. Aguilo Ramos, Silvia (1984). Mayaguez: Notas para su Historia. San Juan, Puerto Rico: Model Offset Printing. p. 46. 
  3. Loida Figueroa, "Escudo de Mayagüez" Anuario de las Fiestas Patronales, 1977
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2012. 
  5. "American Factfinder: Persons per Square Mile". United States Government. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 19:40, Friday June 10, 2011 (UTC). 
  6. "Mayagüez Municipio, Puerto Rico". United States Government. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. 
  7. "Ethnicity 2010 census". Factfinder2.census.gov. 2010-10-05. Consultado o 2012-06-07. 
  8. Average Weather for Mayaguez, PR - Temperature and Precipitation

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar