Maya Manolova
Maya Bozhidarova Manolova, nada o 4 de maio de 1965 en Kyustendil, é unha avogada e política búlgara, defensora do pobo búlgara dende 2015[1].
Traxectoria editar
Estudou na súa localidade natal e graduouse en historia en Moscova e mais en economía (1994) e dereito (1996) na Universidade de Economía Nacional e Mundial de Sofía. Exerceu como avogada en Kyustendy de 1998 ata 2015.
Actividade política editar
Militante do Partido Socialista Búlgaro dende 1989, presentouse ás eleccións nas listas de Coalición por Bulgaria, dirixida polos seu partido, e entrou como deputada na Asemblea Nacional en 2005. Líder do PSB da provincia de Kyustendil dende 2008. Entre 2013 e 2014 foi vicepresidenta do parlamento, durante a 42ª lexislatura.
Notas editar
- ↑ "БИОГРАФИЯ НА МАЯ МАНОЛОВА". омбудсман на Република България