Maya Angelou

Marguerite Annie Johnson nada en Saint Louis (Missouri) o 4 de abril de 1928 e finada en Winston-Salem o 28 de maio de 2014 foi unha autora, poeta, bailarina, actriz e cantante estadounidense coñecida como Maya Angelou. Publicou sete autobiografías, tres libros de ensaio, varios libros de poesía e unha importante cantidade de obras teatrais, filmes e espectáculos de televisión de gran relevancia durante máis de cincuenta anos. Angelou recibiu ducias de premios e máis de cincuenta títulos honoríficos.[1]

Maya Angelou
Maya Angelou visits YCP Feb 2013.jpg
Nome completoMarguerite Annie Johnson
Nacemento4 de abril de 1928
 St. Louis
Falecemento28 de maio de 2014
 Winston-Salem
Causadoenza
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Alma máterGeorge Washington High School e California Labor School
OcupaciónEscritora, bailarina, activista
CónxuxePaul du Feu
XénerosPoesía, memorias
Coñecido/a porI Know Why the Caged Bird Sings, On the Pulse of Morning, And Still I Rise e Even the Stars Look Lonesome
PremiosNational Women's Hall of Fame, Langston Hughes Medal, Grammy Award for Best Audio Book, Narration & Storytelling Recording, Medalha Spingarn, Grammy Award for Best Audio Book, Narration & Storytelling Recording, Grammy Award for Best Audio Book, Narration & Storytelling Recording, NAACP Image Award for Outstanding Literary Work, Nonfiction, Marian Anderson Award, NAACP Image Award for Outstanding Literary Work, Nonfiction, Medalla Presidencial da Liberdade, Literarian Award for Outstanding Service to the American Literary Community, Candace Award, Horatio Alger Award, Arkansas Black Hall of Fame, Paul Robeson Award, Crystal Award, National Medal of Arts, honorary doctorate of the University of South Carolina, honorary citizen of Baltimore e North Carolina Award for Literature
Na rede
https://mayaangelou.com
IMDB: nm0029723 Allocine: 55728 Allmovie: p172806 TV.com: people/maya-angelou IBDB: 84766
Twitter: DrMayaAngelou Spotify: 4YgS09y0GhtNSu2ZLruk89 Musicbrainz: 80ce4e18-92ca-4079-b07c-11ac454b7755 Discogs: 312669 WikiTree: Johnson-26692 Find a Grave: 130492881 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Converteuse en escritora e poeta despois de ter diferentes ocupacións durante a súa mocidade, incluíndo cociñeira, prostituta, bailarina e actriz de clubs nocturnos, membro do elenco do musical Porgy and Bess, coordinadora da Conferencia Sur de Liderado Cristián e xornalista en Exipto e Ghana durante a descolonización de África. En 1982 converteuse en profesora de estudos americanos na universidade de Wake Forest en Winston-Salem, Carolina do Norte. Participou activamente no movemento polos dereitos civís, traballando con Martin Luther King, Jr. e Malcolm X. A mediados da década de 1990 realizou arredor de oitenta aparicións ao ano no circuíto de discursos, o que continuou a facer ata os oitenta anos. En 1993, Angelou recitou o seu poema "On the Pulse of Morning" na inauguración do presidente Bill Clinton, sendo a primeira poeta que recitou o seu traballo nunha inauguración presidencial dende que o fixera Robert Frost para o presidente John F. Kennedy en 1961.

Coa publicación de I Know Why the Caged Bird Sings, falou publicamente de aspectos da súa vida persoal. Foi unha respectada voceira das persoas de raza negra e das mulleres, e a súa obra considérase unha defensa da cultura afroamericana. Houbo intentos de censura dos seus libros nas librarías estadounidenses, mais os seus traballos son amplamente empregados nas escolas e universidades. As obras máis importantes de Angelou foron etiquetadas como autobiografías de ficción, mais algúns críticos si as caracterizaron con certas autobiografías. Angelou fixo un intento deliberado de retar a estrutura común das autobiografías, criticando, cambiando e expandindo o xénero. Os seus libros céntranse en temas como o racismo, a identidade, a familia e as viaxes.

ObraEditar

Angelou escribiu un total de sete autobiografías. De acordo á estudosa Mary Janes Lupton, a terceira autobiografía, Singin' and Swingin' and Gettin' Merry Like Christmas, marcou a primeira vez que un autor afroamericano recoñecido escribise un terceiro volume sobre a súa vida.[2] Os seus libros "van alén do tempo e o espazo", dende Arkansas ata África e de regreso aos Estados Unidos e narran dende principios da segunda guerra mundial ata o asasinato de Martin Luther King, Jr.[3] Angelou publicou a súa sétima autobiografía Mom & Me & Mom en 2013, aos 85 anos.[4] Os críticos tenderon a xulgar as subsecuentes autobiografías de Angelou "en comparación coa primeira"[5] sendo Caged Bird o máis aclamado. Angelou escribiu cinco coleccións de ensaios, chamados "libros de sabedoría" e "homilías unidas a textos autobiográficos" polo escritor Hilton Als.[6] Angelou tivo o mesmo editor durante a súa carreira de escritora, Robert Loomis, un editor executivo de Random House, que se retirou en 2011[7] e foi declarado "un dos membros do salón da fama dos editores".[8] Angelou dixo sobre a súa relación con Loomis: "Temos unha relación que é famosa entre publicistas".[9]

Todo o meu traballo, a miña vida, todo o que fago é sobre supervivencia, non simplemente simple, terrible e lenta supervivencia, mais a supervivencia con graza e fe. A pesar que un pode atoparse con moitos obstáculos, non se pode deixar vencer.
—Maya Angelou[10]

A longa e extensa carreira de Angelou tamén incluíu poesía, obras de teatro e guións para filmes e telefilmes, ademais de dirixir, actuar e falar en público. O seu poemario de 1971 Just Give Me a Cool Drink of Water 'fore I Diiie foi candidato ao premio Pulitzer e foi escollida polo presidente Bill Clinton para recitar o seu poema "On the Pulse of Morning" durante a inauguración presidencial de 1993.[11][12]

A carreira como actriz de Angelou incluíu papeis en obras de teatro, filmes e programas de televisión, como na miniserie Roots de 1977. Os seu guión para Georgia, Georgia (1972), foi o primeiro guión dunha muller afroamericana que foi producido. Tamén foi a primeira muller afroamericana que dirixiu un filme, Down in the Delta, en 1998.[13]

Cronoloxía de autobiografíasEditar

  • I Know Why the Caged Bird Sings (1969): Up to 1944 (age 17)
  • Gather Together in My Name (1974): 1944–48
  • Singin' and Swingin' and Gettin' Merry Like Christmas (1976): 1949–55
  • The Heart of a Woman (1981): 1957–62
  • All God's Children Need Traveling Shoes (1986): 1962–65
  • A Song Flung Up to Heaven (2002): 1965–68
  • Mom & Me & Mom (2013): overview

RecoñecementosEditar

En 2022, a figura de Maya Angelou foi homenaxeada ao ser a protagonista da primeira das moedas estadounidenses dun cuarto de dólar da serie Mulleres Americanas, dedicada ás mulleres máis representativas da historia dos Estados Unidos.[14]

NotasEditar

  1. Stanley, Alessandra (17 de maio de 1992). "Whose Honor Is It, Anyway". The New York Times. Consultado o 23 de novembro de 2014. 
  2. Lupton, p. 98.
  3. Lupton, p. 1.
  4. Gilmor, Susan (7 de abril de 2013). "Angelou: Writing about Mom emotional process". The Winston-Salem Journal. Consultado o 14 de abril de 2013. 
  5. "Maya Angelou". Poetry Foundation. Consultado o 20 de decembro de 2013. 
  6. Als, Hilton (5 de agosto de 2002). "Songbird: Maya Angelou takes another look at herself". The New Yorker. Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  7. Italie, Hillel (6 de maio de 2011). "Robert Loomis, Editor of Styron, Angelou, Retires". The Washington Times. Associated Press. Consultado o 20 de decembro de 2013. 
  8. Martin, Arnold (12 de abril de 2001). "Making Books; Familiarity Breeds Content". The New York Times. Consultado o 20 de decembro de 2013. 
  9. Tate, p. 155.
  10. McPherson, Dolly A. (1990). Order Out of Chaos: The Autobiographical Works of Maya Angelou. Nova York: Peter Lang Publishing. pp. 10–11. ISBN 0-8204-1139-6. 
  11. Manegold, Catherine S. (20 de xaneiro de 1993). "An Afternoon with Maya Angelou; A Wordsmith at Her Inaugural Anvil". The New York Times. Consultado o 20 de decembro de 2013. 
  12. Moyer, Homer E (2003). The R.A.T. Real-World Aptitude Test: Preparing Yourself for Leaving Home. Herndon, Nova York: Capital Books. p. 297. ISBN 978-1-931868-42-6. 
  13. Gillespie et al., p. 144.
  14. "Maya Angelou Quarter". United States Mint.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Braxton, Joanne M., ed. (1999). Maya Angelou's I Know Why the Caged Bird Sings: A Casebook. Nova York: Oxford Press. ISBN 978-0-19-511606-9
  • Burr, Zofia (2002). Of Women, Poetry, and Power: Strategies of Address in Dickinson, Miles, Brooks, Lorde, and Angelou. Urbana, Illinois: University of Illinois Press. ISBN 978-0-252-02769-7
  • DeGout, Yasmin Y. (2009). "The Poetry of Maya Angelou: Liberation Ideology and Technique". In Bloom's Modern Critical Views—Maya Angelou, Harold Bloom, ed. Nova York: Infobase Publishing, pp. 121–132. ISBN 978-1-60413-177-2
  • Gillespie, Marcia Ann, Rosa Johnson Butler, e Richard A. Long. (2008). Maya Angelou: A Glorious Celebration. Nova York: Random House. ISBN 978-0-385-51108-7
  • Hagen, Lyman B. (1997). Heart of a Woman, Mind of a Writer, and Soul of a Poet: A Critical Analysis of the Writings of Maya Angelou. Lanham, Maryland: University Press. ISBN 978-0-7618-0621-9
  • Lauret, Maria (1994). Liberating Literature: Feminist Fiction in America. Nova York: Routledge Press. ISBN 978-0-415-06515-3
  • Long, Richard (2005). "Maya Angelou". Smithsonian 36, (8): pp. 84–85
  • Lupton, Mary Jane (1998). Maya Angelou: A Critical Companion. Westport, Connecticut: Greenwood Press. ISBN 978-0-313-30325-8
  • McWhorter, John (2002). "Saint Maya." The New Republic 226, (19): pp. 35–41.
  • O'Neale, Sondra (1984). "Reconstruction of the Composite Self: New Images of Black Women in Maya Angelou's Continuing Autobiography", en Black Women Writers (1950–1980): A Critical Evaluation, Mari Evans, ed. Garden City, N.Y: Doubleday. ISBN 978-0-385-17124-3
  • Toppman, Lawrence (1989). "Maya Angelou: The Serene Spirit of a Survivor", in Conversations with Maya Angelou, Jeffrey M. Elliot, ed. Jackson, Mississippi: University Press. ISBN 978-0-87805-362-9
  • Walker, Pierre A. (outubro de 1995). "Racial Protest, Identity, Words, and Form in Maya Angelou's I Know Why the Caged Bird Sings". College Literature 22, (3): pp. 91–108.

Ligazóns externasEditar