Maximus é a mascota do Club Baloncesto Breogán de Lugo, equipo de baloncesto que compite na Liga ACB. Representa a un león antropomórfico que viste as cores do club. O seu nome é na honra dun dos fundadores da cidade de Lugo Paulo Fabio Máximo. O 15 de febreiro de 2019 foi escollido como a mellor máscota da ACB nun concurso por votación popular,[1][2] trofeo que repetiu o 20 de febreiro de 2022 e o 18 de febreiro de 2023. Actualmente é interpretado por Susana Paz, xunto coa colaboración de varios membros do club.[3]

Historia editar

Máximus foi creado no ano 2011 da man de Yolanda Tajes Lariño a raíz dunha aposto co entón director deportivo do Breogán, Cristino Menor.[4] Após a saída de Rubén Domínguez como adestrador do club e a chegada de Pepe Rodríguez, Yolanda Tajes propuxo que se o equipo xogaba os playoffs polo ascenso se converetería na mascota do club. Escolleuse a forma dun león debido a que este animal é o símbolo do club,[4] o cal provén dos leóns que estaban antigamente na Praza Maior (hoxe reproducidos á beira do Parque de Rosalía).[5] Durante os primeiros anos a mascota participaba menos nos encontros, máis co paso do tempo o club decidiu incorporalo a todas as actividades posíbeis, desde os propios partidos até visitas ao hospital e outras actividades solidarias. Desde o club dotouse a Máximus dunha personalidade para poder facelo máis identificábel.[5]

Baile de mascotas editar

Na temporada 2018−19 a Liga ACB organizou un concurso a través de Twitter para elixir á mellor mascota da competición por medio de votación popular, de forma que se disputaban diferentes eliminatorias dun contra un até decidir o campión. Maximus chegou á final após derrotar en cuartos de final ó ganso Petroni (Obradoiro CAB) e en semifinais a Auri (Iberostar Tenerife).[6] Na final derrotou a Pam, mascota do Valencia, despois dunha votación con 14.684 participantes. Co regreso do Breogán á ACB en 2021, Maximus volveu gañar o concurso de Baile de Mascotas. Esta vez, venceu na final a Lynx, mascota do Casademont Zaragoza.

Notas editar

  1. Penoucos, Xosé Ramón (15 de febreiro de 2019). "O breoganista Maximus gaña o concurso de mascotas da ACB". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  2. "Maximus, rey del Baile de Mascotas de la ACB". El Progreso. 15 de febreiro de 2019. 
  3. Freire, José Manuel (19 de xaneiro de 2019). "Ellos mueven los hilos de Máximus". El Progreso. 
  4. 4,0 4,1 Cela, Dolores (4 de agosto de 2017). "A mascota do Breo naceu dunha aposta". La Voz de Galicia. 
  5. 5,0 5,1 Gómez, Millán (13 de febreiro de 2019). "Maximus é un personaxe moi importante no club". Lugo Xornal. 
  6. "¡Maximus ya está en la final del baile de mascotas de la Liga Endesa!". El Progreso. 18 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar