Maximino Rodríguez Buján
Maximino Rodríguez Buján, coñecido como Máximo Sar,[1] nado en Padrón o 18 de outubro de 1922 e finado en Caldas de Reis o 16 de xuño de 2022, foi un xuíz e escritor galego.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1922 Padrón, España |
Morte | 16 de xuño de 2022 (99 anos) Caldas de Reis, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xuíz , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | María Teresa Rodríguez Vieites |
Fillos | seis |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz comarcal de 1951 a 1985 na Estrada, Padrón, Cambados, Sanxenxo e Caldas de Reis. Despois foi xuíz de primeira instancia e instrución en Granollers e Vilagarcía de Arousa. Como maxistrado exerceu en Cidade Real e despois en Pontevedra, onde se xubilou en 1989. Colaborou en La Noche, El Ideal Gallego, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e El Correo Gallego.[2]
Foi un dos fundadores da Fundación Pedrón de Ouro e foi membro da Fundación Rosalía de Castro. Tamén foi cofundador da Ruta Fluvial Xacobea e membro do Ateneo Ullán que creou a Romaría Viquinga de Catoira.[2]
Participou con Borobó, Roxelio Pérez e García Sabell na recuperación dos papeis de Manuel Antonio.[3]
Viviu os últimos anos en Caldas de Reis, onde finou o 16 de xuño de 2022.[4][5]
Obras
editar- "A toliña", suplemento nº 15 de Alba.
Libros colectivos
editar- Homenaxe a Borobó / coordinador, Xoán Guitián (2003). Sada: Ediciós do Castro. P. 317-320: "Borobó, como yo lo veo".
- Camilo Agrasar e o entusiasmo apaixonado por Rosalía / coordinación, Xosé Ramón Fandiño (2009). Santiago de Compostela: Fundación Pedrón de Ouro, p. 83-85: "Un gran padronés e un gran home, en lembranza da Camilo Agrasar".
En revistas
editar- Revista Chan: "La borona está de moda", nº 1, "El lacón con grelos", nº 2, "Lampreas de las pesqueiras de Herbón", nº 4, "La decadencia del caldo", nº 6, "El tesoro de Caldas de Reyes", nº 28.
- Pascua de Padrón: "José Rodríguez Carbia, importante e polifacético padronés" (1999), "Sobre el escritor Manuel V. Barros" (2008), "Sobre la cultura familiar: de mi infancia padronesa" (2009), "Padrón en el arranque de la transición" (2010).
Recoñecementos
editarVida persoal
editarCasou con María Teresa Rodríguez Vieites e tivo seis fillos.
Notas
editar- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: m". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-06-23.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Maximino Rodríguez Buján Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-06-23.
- ↑ Axeitos, X. L. (2022-06-23). "Máximo Sar". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-06-23.
- ↑ Falece Máximo Sar, Fillo Adoptivo de Caldas e colaborador de El Correo
- ↑ Bemposta, Gonzalo (2022-06-22). "Máximo Sar, voz de Celenis". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2022-06-23.
- ↑ "Caldas rinde homenaje a Máximo Sar, hijo adoptivo del municipio". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-06-23. Consultado o 2022-06-23.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Rodríguez Buján, Maximino". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 497. ISBN 84-8064-113-4.