Max Svensson

futbolista español

Max Svensson Río, nado en Barcelona o 8 de novembro de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Osasuna Promesas, da Primeira División RFEF.

Max Svensson
Información persoal
Nome Max Svensson Río
Nacemento 7 de novembro de 2001
Lugar de nacemento Barcelona
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Osasuna Promesas
Carreira xuvenil
Barcelona
Gavà
Cornellà
2018–2020 Espanyol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020–2022 Espanyol B 59 (12)
2020– Espanyol 2 (0)
2022–2023 Deportivo da Coruña 29 (5)
2023– Osasuna Promesas 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de agosto de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Barcelona na época en que seu pai, Tomas, xogaba ao balonmán no FC Barcelona.[1] Cando este fichou polo HSV Hamburg seis meses despois, a familia trasladouse a Hamburgo, e no 2005 regresaron a España, vivindo primeiro en Pamplona e logo en Valladolid, mentres Tomas militaba no San Antonio e no BM Valladolid respectivamente. Finalmente, en 2012 establecéronse en Barcelona.[1]

Max formouse como futbolista nas canteiras do FC Barcelona, o CF Gavà e a UE Cornellà antes de entrar en 2018 na estrutura do Espanyol, onde comezou no equipo xuvenil da División de Honra.[1] Na tempada 2020/21 ascendeu ao filial, o Espanyol B, da Segunda División B, categoría na que debutou na primeira xornada ante o Prat. Seis días despois marcou os seus primeiros dous goles no empate 2-2 diante do FC Andorra.[2]

O 16 de decembro de 2020, debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, da man do adestrador Vicente Moreno, substituíndo a Wu Lei nun triunfo por 0-1 sobre o Llagostera.[3][4] Ao mes seguinte estreouse na Segunda División, ante o Rayo Vallecano no RCDE Stadium.[5][6] Xogou un total de catro encontros co primeiro equipo esa tempada, participando do ascenso á Primeira División. Na seguinte tempada marcou 9 goles co filial na Segunda Federación e xogou dous partidos de Copa co primeiro equipo.

O 1 de setembro de 2022 anunciouse a súa cesión ao Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[7] Debutou co equipo galego na primeira xornada da competición, ante o Talavera en Riazor, substituíndo a Quiles no último cuarto de hora de xogo.[8] Non volveu ter minutos con Borja Jiménez no banco, pero a súa situación mudou coa chegada dun novo adestrador Óscar Cano, que o colocou de titular dende o seu primeiro partido.[9] Finalmente acabou xogando 29 partidos, máis da metade deles como titular, e marcou 5 goles. Disputou a promoción de ascenso, marcando o único gol na vitoria da ida das semifinais contra o Castellón, pero o equipo coruñés caeu eliminado no partido de volta.[10]

Para a tempada 2023/24 volveu saír cedido, desta vez ao Osasuna Promesas, tamén de Primeira RFEF.[11]

Vida persoal editar

É fillo da da española Montse Río e do sueco Tomas Svensson, considerado como un dos mellores porteiros de balonmán da historia.[12] Ademais é curmán da atleta sueca Maja Åskag.[13]

Palmarés editar

Espanyol

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Molero, Iván (18 de novembro de 2020). "Max, el hijo goleador de un portero de balonmano mundial". As (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  2. "Héctor Hevel y Max Svensson, la exhibición de dos auténticos talentos" (en castelán). 29 de outubro de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  3. Molero, Iván (16 de decembro de 2020). "Oier pone la primera piedra, Puado derriba el muro". As (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  4. "Debuta Max Svensson" (en castelán). 16 de decembro de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  5. Navarro, Cristina (31 de xaneiro de 2021). "La increíble remontada del Rayo deja al Espanyol sin liderato". Marca (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  6. "Max Svensson viene pisando fuerte" (en castelán). 12 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  7. "Max Svensson, novo xogador do Dépor 22-23". 1 de setembro de 2022. Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  8. "La victoria del Deportivo ante el Talavera, fotograma a fotograma" (en castelán). 29 de setembro de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  9. De la Cruz, Luis (27 de decembro de 2022). "Svensson, de la nada al todo en el Depor tras la llegada de Cano". As (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  10. "Svensson permite que o Deportivo vaia en vantaxe a Castellón". Televisión de Galicia. 4 de xuño de 2023. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  11. Regueiro, Zeltia (15 de agosto de 2023). "Max Svensson se marcha cedido al Osasuna Promesas por dos cursos". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  12. Flinck, Johan (20 de decembro de 2020). "”Alla stora klubbar i Spanien ville ha honom”" (en sueco). Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  13. Wennerholm, Mats (16 de xullo de 2021). "JEM-guld till Maja Åskag efter finalkrossen" (en sueco). Consultado o 1 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar