Mauro Armiño

xornalista español

Mauro Fernández Alonso de Armiño, máis coñecido como Mauro Armiño, nado en Cereceda, no concello de Oña (provincia de Burgos), en 1944[1], é un escritor, xornalista, crítico teatral e tradutor español.

Infotaula de personaMauro Armiño
Biografía
Nacemento(es) Mauro Fernández Alonso de Armiño Editar o valor em Wikidata
1944 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Q47004993 Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , crítico literario , tradutor , crítico de teatro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX870507 Dialnet: 1625067

Traxectoria

editar

Criouse no País Vasco até 1964, ano no que se trasladou a Madrid para estudar Filosofía e Letras na Universidade Complutense. Exerceu o xornalismo e a crítica literaria e teatral en diversos medios de comunicación, como El País, Cambio 16, Radio Nacional de España, e na revista El Siglo.

Algunhas das súas traducións e versións teatrais foron levadas aos escenarios, dirixidas por: Josep Maria Flotats (París 1940, de Louis Jouvet; La Cena, El encuentro de Descartes con Pascal joven e La mecedora, de Jean-Claude Brisville; El juego del amor y del azar, de Pierre de Marivaux; Beaumarchais, de Sacha Guitry); Miguel Narros (Salomé, de Oscar Wilde); Adrián Daumas (Los enredos de Scapin, La escuela de los maridos, Las preciosas ridículas, de Molière; El triunfo del amor e El príncipe travestido, de Marivaux; La comedia de las ilusiones, de Pierre Corneille); Isidro Rodríguez (El misántropo, Los enredos de Scapin, de Molière; El médico de su honra, de Pedro Calderón de la Barca); Hernán Gené (Tartufo, de Molière); Fernando Pignolo (El triunfo del amor, de Marivaux); ou por outros directores (Splendid’s de Jean Genet, La escuela de las mujeres de Molière, Los justos, de Albert Camus). O seu labor de tradutor centrouse sobre todo na cultura francesa: autores teatrais como Pierre Corneille, Molière, Pierre-Augustin de Beaumarchais, Edmond Rostand, e Albert Camus; filósofos da Ilustración como Jean-Jacques Rousseau, Voltaire, Giacomo Casanova, o marqués de Sade; poetas como Arthur Rimbaud, e escritores como Guy de Maupassant, Honoré de Balzac, Émile Zola, Alexandre Dumas, Jules Verne, Marcel Schwob, Julien Gracq, Henri Bergson, Ferdinand de Saussure, Jacques Le Goff, Philippe Sollers ou Claude Lévi-Strauss, entre outros. Recentemente traduciu os Contos completos de Guy de Maupassant e os Cuentos completos de la Comedia humana de Balzac en Editorial Páginas de Espuma;[1] e as antoloxías de relatos e novelas curtas dos séculos XVII a XX Contos y relatos libertinos e Los dominios de Venus, ambas as dúas en Ediciones Siruela.

De cultura inglesa traduciu a Edgar Allan Poe, George Eliot, Nathaniel Hawthorne e Oscar Wilde.

É destacable a tradución realizada de À la recherche du temps perdu de Marcel Proust, publicada por Editorial Valdemar, así como a edición de Historia de mi vida de Giacomo Casanova e a Obra completa bilingüe de Arthur Rimbaud en Edicións Atalanta.[2]

Poesía
  • El mástil de la noche (1982)
Narrativa
  • El curso de las cosas (1975)
Ensaio
  • Larra (1973)
  • Las Musas (2011), con gravados e debuxos de Celedonio Perellón, Liber Ediciones.
  • Amantes célebres. Amor más allá de la muerte (2014), con aguafuertes, litografías e debuxos de Celedonio Perellón, Liber Ediciones.

Premios

editar
Outras condecoracións
  • Chevalier de l'Ordre des Arts et des Letres 2007, concedida polo Goberno da República Francesa.
  1. 1,0 1,1 Rodrigo Pérez Barredo (30/12/2014). "El burgalés Mauro Armiño descifra a Balzac". Diario de Burgos. p. 64. 
  2. "Mauro Armiño: «Habría que quitar la palabra cultura de la Constitución»". ABC. 28/11/2016. 
  3. Historia de mi vida Ediciones Atalanta.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar