Abrir o menú principal

Moshe Stiller, coñecido como Mauritz Stiller, nado en Helsinqui o 17 de xullo de 1883 e finado en Estocolmo o 18 de novembro de 1928 foi un director de cinema sueco-finlandés, coñecido por descubrir a Greta Garbo.

Mauritz Stiller
Mauritz Stiller 1927.jpg
Stiller en 1927
Nome completoMoshe Stiller
Nacemento17 de xullo de 1883
LugarHelsinqui, Imperio Ruso
Falecemento18 de novembro de 1928 (45 anos)
LugarEstocolmo, Suecia
SoterradoJewish cemetery
NacionalidadeImperio Ruso Imperio Ruso
Suecia Suecia
ProfesiónDirector, guionista, actor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Stiller naceu nunha familia xudía asquenací, que vivira en Rusia e Polonia antes de establecerse en Finlandia. A súa nai suicidouse cando el tiña catro anos e foi logo criado por amigos da familia. Axiña viuse atraído pola interpretación e demostrou o seu talento nos teatros de Helsinki e Turku.

Cando foi recrutado polo exército do tsar Nicolao II (Finlandia era entón un Gran Ducado autónomo dentro do Imperio Ruso) abandonou o país e estableceuse en Suecia, nacionalizándose en 1921.

Contra 1912 Stiller xa se involucrara no rápido desenvolvemento da industria sueca do cinema mudo. Comezou escribindo guións, ademais de actuar e dirixir curtametraxes, mais finalmente abandonou a interpretación para dedicarse totalmente á escritura e á dirección. Deseguido pasou á dirección de longametraxes e o seu filme de 1918 Thomas Graals bästa barn, con Karin Molander e Victor Sjöström de protagonistas recibiu boas críticas.

En 1920 dirixira máis de trinta e cinco filmes, incluíndo Erotikon, e xa era unha das principais figuras do cinema sueco.

No teatro real de Estocolmo coñeceu unha actriz nova chamada Greta Gustafsson, á que contratou para un papel secundario mais importante en Gösta Berlings saga, e que foi coñecida como Greta Garbo. A presenza na pantalla desa moza de dezaoito anos levou a Stiller e a Garbao aos Estados Unidos tras aceptar a oferta de Louis B. Mayer de dirixir para a Metro-Goldwyn-Mayer.

En Hollywood asignáronlle a dirección de The Temptress (1926), segundo filme de Garbo na MGM, mais non foi quen de tratar co sistema de estudios e tras repetidas discusións foi substituído por Fred Niblo e rematou o seu contrato. Foi inmediatamente contratado por Paramount Pictures, onde fixo tres filmes con éxito, mais de novo foi despedido polos seus desacordos cos xefes do estudio.

Volveu a Suecia en 1927 e faleceu o ano seguinte vítima dunha pleuresía aos 45 anos.

FilmografíaEditar

Ano Filme Acreditado como
Director Guionista Actor Personaxe
1912 Trädgårdsmästaren   Si   Si Pasaxeiro
1912 Mor och dotter   Si   Si   Si Raoul de Saligny
1912 I lifvets vår   Si von Plæin
1912 Den tyranniske fästmannen   Si   Si   Si Elias Pettersson
1912 De svarta maskerna   Si   Si
1913 Vampyren   Si   Si
1913 På livets ödesvägar   Si
1913 När larmklockan ljuder   Si
1913 När kärleken dödar   Si   Si
1913 Mannekängen   Si   Si
1913 Livets konflikter   Si
1913 Gränsfolken   Si
1913 En pojke i livets strid   Si
1913 Den okända   Si   Si
1913 Den moderna suffragetten   Si   Si
1913 Barnet   Si
1914 Stormfågeln   Si
1914 Skottet   Si
1914 När svärmor regerar   Si   Si   Si Elias
1914 Kammarjunkaren   Si
1914 För sin kärleks skull   Si   Si
1914 Det röda tornet   Si   Si
1914 Bröderna   Si   Si
1915 När konstnärer älska   Si
1915 Minlotsen   Si
1915 Mästertjuven   Si
1915 Madame de Thèbes   Si
1915 Lekkamraterna   Si   Si
1915 Hans hustrus förflutna   Si
1915 Hans bröllopsnatt   Si
1915 Hämnaren   Si
1915 Dolken   Si
1916 Vingarne   Si   Si   Si Director de cinema
1916 Lyckonålen   Si
1916 Kärlek och journalistik   Si
1916 Kampen om hans hjärta   Si
1916 Balettprimadonnan   Si
1917 Thomas Graals bästa film   Si
1917 Alexander den store   Si
1918 Thomas Graals bästa barn   Si
1919 Sången om den eldröda blomman   Si   Si
1919 Herr Arnes pengar   Si   Si
1920 Fiskebyn   Si
1920 Erotikon   Si
1921 Johan   Si   Si
1921 De landsflyktige   Si   Si
1923 Gunnar Hedes saga   Si   Si
1924 Gösta Berlings saga   Si   Si
1926 The Temptress   Si
1927 The Woman on Trial   Si
1927 Hotel Imperial   Si
1927 Barbed Wire   Si
1928 Street of Sin   Si

Véxase taménEditar