Maui Patera

cráter na lúa de Xúpiter, Ío

Maui Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 38 kms de diámetro e está situado a 16,61° N 124,25° O. O nome de Maui provén da mitoloxía hawaiana, onde Maui era un semideus que lle buscou o lume a Mafuike, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979.[1] Está situado ó suroeste do centro eruptivo de Maui, o sur de Euxine Mons, e o suroeste do volcán Amirani. Ó leste de Maui eestá situado Monan Patera, Monan Mons, e Ah Peku Patera.[2]

Maui
Imaxe de alta resolución de Maui Patera, tomada pola sonda Galileo non seu encontro con Ío de outubro do ano 1999.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 37,84 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 16,61° N 124,25° O[1]
Procedencia do nome Semideus hawaiano que lle buscou o lume a Mafuike.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Maui Patera on Io". Consultado o 02-08-2010. 
  2. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar