Cherenkov Telescope Array

(Redirixido desde "Matriz de Telescopio Cerenkov")

O Cherenkov Telescope Array (nome en inglés da Matriz de Telescopio Cerenkov, con acrónimo CTA) é un instrumento de nova xeración de investigación da radiación de Cerenkov, sucesor de MAGIC.[1]

CaracterísticasEditar

Está enfocado á combinación da aproximación experimental e observacional no estudo de raios gamma de altas enerxías no universo.

Supón a colaboración de xente de 31 países e máis de 100 telescopios de diversos tamaños. Estudará raios cósmicos nun rango de vinte mil millóns de eV a 300 billóns de eV.

En 2019 está en fase de construción en Chile e as illas Canarias.[2] Espérase que estéea totalmente operativo a mediados da década de 2020.

NotasEditar

  1. Kruesi, Liz. "A bit of MAGIC". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2020-08-26. 
  2. Daley, Jim. "A new way to study high-energy gamma rays". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-09-06.