Matilde González Palau
Matilde González Palau, chamada Matilde Llòria, nada en Almansa (Albacete) o 1 de xaneiro de 1912 e finada en Valencia o 16 de maio de 2002[1], foi unha escritora en castelán, catalán e galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1912 Almansa, España |
Morte | 16 de maio de 2002 (89 anos) Valencia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora , poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá, lingua catalá e lingua galega |
Traxectoria editar
Viviu dende que tiña un mes en Alzira, e en 1942 pasa a residir en Ourense. En novembro de 1954 recibiu unha homenaxe da asociación cultural Posío, Arte y Letras. O discurso de ofrecemento foi pronunciado por Ramón Otero Pedrayo e no acto participaron ademais outras personalidades da sociedade ourensá. Gañou o concurso literario convocado polo Centro Galego de Buenos Aires con motivo do 50 Aniversario da morte de Curros Enríquez coa obra Centileo.
Vida persoal editar
Estaba casada co médico Federico Llòria, que exerceu na Merca e Ourense e foi médico do Instituto de Previsión de Ourense até 1969.
Obra editar
- Camino del cántico, 1949 (poemario en castelán)
- Aleluya, 1952 (poemario en castelán)
- Canción de navidad, 1965 (poemario en castelán)
- Altissim regne, 1964 (poemario en catalán)
- Caixiña de música, 1971 (poemario en galego; prólogo de Otero Pedrayo)
- Lloc per a esperança, 1975 (poemario en catalán)
- Un fulgor que se apaga, 1981 (poemario en castelán)
- Dou fe, 1994 (poemario en galego)
- Irrepetible alondra, 1996 (poemario en castelán)
- Diario de una adolescente, 1997
- Unha casa no tempo, 2001 (poemario en galego)
Notas editar
- ↑ Alonso Montero, X. (5 de xuño de 2002). "Matilde Lloria". La Voz de Galicia. Archived from the original on 14 de xullo de 2014. Consultado o 06 de xullo de 2014.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Lacueva i Lorenz, Maria (2013), Elles prenen la paraula. Recuperació crítica i transmissió a les aules de les escriptores valencianes de postguerra: una perspectiva des de l'educació literàriaTesi Doctoral (Universitat de València).