Mathias Lessort

baloncestista francés

Mathias Michel Lessort, nado o 29 de setembro de 1995 en Fort-de-France, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga para o Panathinaikos grego. Cunha altura de 2,06 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Mathias Lessort
Panathinaikos  – No. 26
Información persoal
Nacemento 29 de setembro de 1995 (28 anos)
Francia Fort-de-France, Francia
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 113 kg (249 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2017 / Rolda: 2 / Elección: 50
Por Philadelphia 76ers
Carreira 2014−presente
Historial de equipos
Élan Chalon (2014–2016)
Nanterre 92 (2016–2017)
Crvena zvezda (2017–2018)
Málaga (2018–2019)
Bayern München (2019–2020)
AS Monaco (2020–2021)
Maccabi Tel Aviv (2021)
Partizan (2021–2023)
Panathinaikos (2023–presente)

Traxectoria editar

Lessort foi elixido na 50ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Philadelphia 76ers. O 11 de agosto de 2017, asinou un contrato de tres anos co KK Crvena zvezda serbio.[1]

O 30 de xuño de 2018, Lessort chegou a un acordo dunha tempada co CB Málaga da Liga ACB.[2]

O 18 de setembro de 2020, Lessort asinou co AS Monaco Basket da LNB Pro A para a tempada 2020-21.[3]

O 27 de setembro de 2021, Lessort asinou un contrato de dous meses co Maccabi Tel Aviv BC israelí, para substituír o mancado Ante Žižić.[4]

Notas editar

  1. "Mathias Lessort is the new Crvena zvezda mts reinforcement". aba-liga.com. 11 de agosto de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2017. 
  2. "Potencia y espectáculo con la llegada de Lessort al Unicaja". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2018. Consultado o 03 de xaneiro de 2019. 
  3. AS Monaco adds Mathias Lessort
  4. "Maccabi Tel Aviv officially signs Mathias Lessort". Sportando. 27 de setembro de 2021. Consultado o 27 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar