Matthew Le Geyt
poeta en lingua jèrriais
(Redirección desde «Matchi L'Gé»)
Matthew Le Geyt (en jèrriais: Matchi L'Gé), nado en 1777 e finado en 1849, foi o primeiro poeta en publicar unha obra impresa na lingua jèrriais.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1777 Saint Helier, Jersey |
Morte | 1849 (71/72 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Traxectoria
editarMatchi L'Gé naceu en Saint Helier, mais viviu tamén en Trinity, onde traballou como vingtenier (un tipo de policía). É coñecido por publicar, en 1795, o primeiro poema impreso en jèrriais.[1]
Obra
editarO tema principal da súa poesía é a política. A súa obra é difícil de ler, xa que escribía foneticamente. Porén, isto permite contemplar a evolución da súa pronuncia co tempo.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Matthieu Le Geyt". members.societe-jersiaise.org. Consultado o 2024-04-28.