Mary Moser

artista británica

Mary Moser, nada en Londres o 27 de outubro de 1744 e finada na mesma cidade o 2 de maio de 1819, foi unha pintora inglesa, unha das artistas máis famosas da Gran Bretaña do século XVIII. Moser, unha das dúas mulleres fundadoras da Royal Academy of Arts en 1768, pintou retratos, aínda que é particularmente recoñecida polas súas representacións de flores.[1]

Mary Moser
Nacemento27 de outubro de 1744
Lugar de nacementoLondres
Falecemento2 de maio de 1819
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, Reino de Gran Bretaña e Suíza
Ocupaciónilustrador botánico e pintora
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Moser naceu en Londres e recibiu ensino do seu pai, George Michael Moser (1706-1783), artista e esmaltador nado en Suíza. O talento de Moser foi evidente dende unha idade temperá, xa que gañou unha primeira medalla da Sociedade das Artes aos catorce anos,[2] e exhibiu regularmente obras con motivos florais, así como ocasionalmente pinturas de historia na Society of Artists of Great Britain. Con todo, dez anos despois, uniuse a outros 35 artistas (incluído o seu pai) para formar a Real Academia das Artes e xunto a Angelika Kauffmann tomou un papel activo nela.[3][4]

 
Bodegón de flores, Mary Moser (Museo de Brooklyn)

Nun retrato grupal de Johann Zoffany, "Os académicos da Royal Academy" (1771–72; Royal Collection, Londres), móstrase os membros reunidos arredor dun modelo masculino espido, nun momento en que as mulleres foran excluídas destas aulas para protexer o seu pudor. Para que Moser e Kauffmann puidesen ser incluídas, Zoffany agregounas como retratos colgados na parede.[2]

George Romney (c. 1770) pintou un retrato de Moser traballando nun bodegón que foi adquirido pola National Portrait Gallery de Londres en 2003.[5]

Na década de 1790, Moser recibiu unha encarga prestixioso, pola que lle pagaron máis de 900 libras, por parte da raíña Carlota para que completase un esquema decorativo floral para un cuarto da Casa Frogmore en Windsor, Berkshire.[6] Despois de casar co capitán Hugh Lloyd o 23 de outubro de 1793, retirouse e comezou a expor como afeccionada baixo o seu nome de casada.[1] Moser continuou a exhibir os seus traballos na Real Academia ata 1802.[2]

Neste período, Moser tivo unha relación con Richard Cosway, que despois se separou da súa esposa Maria. Moser viaxou con el durante seis meses nunha xira de debuxo en 1793. Nos seus cadernos el plasmou «declaracións lascivas» e «comparacións inxustas entre ela e a Sra. Cosway», o que implicaba que ela era moito máis receptiva no terreo sexual que a súa esposa.[7] Moser morreu en Upper Thornhaugh Street, Londres, o 2 de maio de 1819, e foi enterrada xunto ao seu esposo no cemiterio de Kensington.[6]

Legado editar

Trala morte de Moser en 1819, non se escolleron máis mulleres como membros de pleno dereito da Academia ata Laura Knight en 1936.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Stewart, Brian; Cutten, Mervyn (1997). The Dictionary of Portrait Painters in Britain up to 1920. Antique Collectors' Club. ISBN 1 85149 173 2. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gibbons, Fiachra (24 de setembro de 2003). "Gallery honours pioneering woman painter". The Guardian (Londres). Consultado o 10 de marzo de 2010. 
  3. Bluett, Amy (2 de marzo de 2015). "Mary Moser and Angelica Kauffman: the RA's founding women". Consultado o 17 de abril de 2019. 
  4. Cabrejas, Carmen. "Ciclo de charlas "Mujeres artistas del siglo XIX " (II): En la naturaleza" (en castelán). Museo del Romanticismo. Consultado o 22 de abril de 2020. 
  5. "Mary Moser". Consultado o 17 de abril de 2019. 
  6. 6,0 6,1 O'Donoghue, Freeman Marius. "Moser, Mary". Dictionary of National Biography. Londres: Smith, Elder & Co. 
  7. Schuchard Martha, Why Mrs Blake Cried: William Blake and the Erotic Imagination, Pimlico, 2007, p. 253
  8. "Artist of the Month, Dame Laura Knight RA (1877–1970)". xullo de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar