Mary Morandeira

escritora e xornalista galega

Mary Morandeira Estévez, nada en Lugo o 22 de decembro de 1905 e finada nos Estados Unidos de América, foi unha escritora e xornalista galega.

Infotaula de personaMary Morandeira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Lugo Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Cuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla do lucense Magín Morandeira Núñez, emigrado en Cuba, onde casou con Caridad Estévez. Naceu en Lugo durante unha visita dos seus pais á cidade. Con doce anos xa escribía na revista Bohemia. En 1924 era redactora-xefe de Elegancias. Fixo recitais poéticos acompañada ao piano por Ernesto Lecuona. Publicou tres libros de poesía. Traballou como redactora do Ministerio de Asuntos Exteriores e dirixiu a revista Continente. Foi membro do PEN Club. Anunciou en televisión produtos de estética. Visitou Galicia en 1956 como agregada de prensa da Embaixada de Cuba en México.[1] Despois da Revolución Cubana foi destituida do cargo e exiliouse nos Estados Unidos de América, onde morreu.

Obras editar

Poesía editar

  • Auroras, 1925, con prólogo de Eduardo Zamacois.
  • Plenilunios, 1927, Medalla de Ouro da Real Academia Española de Ciencias y Artes de Cádiz.
  • Estremecimiento, 1929, con preámbulo de Eduardo Zamacois.

Ensaio editar

  • Habib Estéfano en mi vida, 1946.

Vida persoal editar

 
Mary Morandeira 1929.

Casou en 1941 co filósofo libio Habib Estéfano.[2]

Notas editar

  1. La Noche, 6-11-1956, p. 7.
  2. Habib Estéfano 1888-1946

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar