Mary Brooks

política estadounidense


Mary Elizabeth Thomas Peavey Brooks, nada en Colby, Kansas, o 1 de novembro de 1907 e finada en Twin Falls, Idaho, o 11 de febreiro de 2002, foi unha política e alta funcionaria estadounidense, directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre setembro de 1969 e febreiro de 1977.

Infotaula de personaMary Brooks

Mary Brooks
Directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1969-1977)

Biografía
Nacemento1 de novembro de 1907
Colby.
Kansas.
Morte11 de febreiro de 2002 (94 anos)
Twin Falls.
Idaho.
Member of the State Senate of Idaho (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade de Idaho.
Actividade
Ocupaciónpolítica e alta funcionaria.
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e educación editar

Mary Elizabeth naceu o 1 de novembro de 1907 en Colby, Kansas, única filla de John W. Thomas e de Florence Johnson.[1] A principios de 1909 a súa familia trasladouse a Idaho, cando ela tiña un ano de idade. O seu pai era un gandeiro e banqueiro, que foi nomeado senador dos EEUU por Idaho en dúas ocasións, en 1928 e en 1940.[2]

Cursou o seu ensino secundario no instituto de Gooding, Idaho, onde se graduou en 1925, e logo continuou os seus estudos no Mills College de Oakland, California. En 1927 ingresou na Universidade de Idaho en Moscow, onde se graduou en Economía en 1929.[3]

Carreira pública editar

Brooks foi elixida para o Senado do Estado de Idaho en 1964, posto no que permaneceu ata 1969, cando en setembro dese ano foi escollida polo presidente Richard Nixon para ocupar o posto de directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, no que se mantivo ata a súa renuncia o 11 de febreiro de 1977.[4][5][6][7]

 
Mary Brooks entrégalle a Gerald Ford o primeiro xogo de moedas do Bicentenario, o 13 de novembro de 1974.

Na súa etapa de dirección da ceca pública, supervisou o lanzamento de moedas tan senlleiras como o dólar Eisenhower e a serie dedicada ao bicentenario dos EEUU.[4][6][8] Tamén se lle atribúe o mérito de ter recuperado o antigo edificio da Ceca de San Francisco, un dos poucos que sobreviviu ao terremoto de 1906 e que permanecía desocupado e moi deteriorado desde 1937.[6] En 1974, Brooks recibiu o premio I Left My Heart In San Francisco, polos seus esforzos na conservación do edificio.[5]

Ademais, Brooks tamén foi galardoada coa medalla ao mérito da American Numismatic Association en 1988,[9] e foi a primeira muller en recibir o máis alto recoñecemento do Departamento do Tesouro dos EEUU, o premio Alexander Hamilton, en 1977.[4][6][10]

En 1970 ingresou no Salón da Fama da Universidade de Idaho, que lle concedeu un doutoramento honorario en 1999.[10]

Vida persoal editar

Brooks casou en 1939 con Arthur Jacob Peavey, con quen tivo un fillo e unha filla; Pavey faleceu nun accidente de caza en 1941.[7] Ao enviuvar e logo do pasamento da súa nai, trasladouse cos seus fillos a Washington, onde o seu pai ocupaba un posto como senador.[8]

En Washington casou en segundas nupcias, en maio de 1945, con C. Wayland Brooks, senador por Illinois.[7] Cando este cesou como senador, a familia marchou a vivir nas proximidades de Chicago, onde el faleceu dun infarto en 1957.[8]

Logo da súa renuncia á dirección da US Mint, Brroks regresou a Idaho para se facer cargo do rancho familiar.[4]

Brooks finou en 2002 en Twin Falls aos 94 anos.[5][8]

Notas editar

  1. "In Memoriam: Former Mint Director Mary Brooks". United States Mint.
  2. Bottcher, W. R. (1940). "John Thomas, only man in history of Idaho..." En Lewiston Morning Tribune. 28 de xaneiro. Idaho. Páxina 12.
  3. "In Memoriam: Former Mint Director Mary Brooks". United States Mint.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Mary Brooks Resigns as Director of the Mint". United States Mint.
  5. 5,0 5,1 5,2 "In Memoriam: Former Mint Director Mary Brooks". United States Mint.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 McPike, S. (2015). "Six Women Who Have Led the United States Mint". United States Mint News. 18 de marzo.
  7. 7,0 7,1 7,2 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 167-179.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "U.S. mint director, sheep rancher dies at 94". En Lewiston Morning Tribune. Idaho. 16 de febreiro de 2002. Páxina 13A.
  9. "Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  10. 10,0 10,1 "In Memoriam: Former Mint Director Mary Brooks". United States Mint.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Eva Adams
 
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1969 - 1977
Sucesor:
Stella Hackel Sims