Mary Ann Shaffer

escritora, bibliotecaria e editora estadounidense


Mary Ann Shaffer, nada en Martinsburg (Virxinia Occidental) o 13 de decembro de 1934 e finada en San Anselmo (California) o 16 de febreiro de 2008[1], foi unha escritora estadounidense.

Infotaula de personaMary Ann Shaffer
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Martinsburg, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
San Anselmo, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbibliotecaria , novelista , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm3125462 Discogs: 3344933 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tivo unha irmá máis vella, Cynthia. As dúas criáronse en Romney. En 1956 casou con Carl Richard Shaffer, e dous anos despois mudáronse a California, onde criaron dúas fillas, Morgan e Liz. Traballou nas bibliotecas públicas de San Anselmo, Larkspur e San Rafael, e na editorial Harper & Row, comezando como recepcionista e rematando como editora[2]

En 1976 unha viaxe á illa de Guernsey, no Canal da Mancha, obrigouna a esperar nun aeroporto durante horas por causa da néboa, o que lle permitiu ler Jersey Under the Jackboot, un libro de Reginald C. F. Maugham sobre a ocupación alemá durante a segunda guerra mundial. Isto serviulle de inspiración para a novela A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey, acabado pola súa sobriña Annie. Mary Ann Shafffer faleceu por mor dunha enfermidade sen chegar a ver publicado este libro[3].

Notas editar