Maruxa das Cortellas

Tocadora de pandeiro cadrado tradicional galego


María Grande Sobral, nada en Soutomaior en 1931 e finada no mesmo concello en 2013, máis coñecida como Maruxa das Cortellas ou Maruxa da Crega, foi tocadora de pandeiro cadrado tradicional galego e unha figura informante esencial para o rexurdimento deste instrumento de percusión.

Infotaula de personaMaruxa das Cortellas
Biografía
Nacemento1931 Editar o valor em Wikidata
Soutomaior, España Editar o valor em Wikidata
Morte2013 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Soutomaior, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , música Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A música vocal de tradición oral de Galiza escríbese en feminino,[1] aínda que o recoñecemento adoite recaer en exclusiva nas tradicionais figuras dos instrumentistas masculinos, foron as mulleres as grandes transmisoras do patrimonio oral.[2]

Maruxa é un deses nomes femininos que sobresaen do anonimato colectivo grazas ás investigacións de recollida de campo.[3] Grande Sobral foi a primeira muller homenaxeada no Memorial Ricardo Portela en Pontevedra no ano 2018[4]. Carmela Silva Rego salientou nesta homenaxe que foi a única muller da súa xeración que se interesou polo xeito de tocar das persoas maiores nas aldeas e que axudou a visibilizar as mulleres nun eido no que só tiñan recoñecemento coma cantareiras.[5] Foi a última gran tocadora de pandeiro do sur de Galicia, xunto con Concha do Canizo (A Gudiña)[6], converteuse nunha pedra angular da recuperación dos estilos interpretativos arcaicos: Romances de Reis, valses, ribeiranas, xotas e muiñeiras... O recoñecemento chegoulle na madurez, a partir da década dos noventa, cando se converteu en asidua convidada da TVG en programas como Luar e Alalá.[7]

Vida privada editar

Viviu nunha parroquia do concello de Soutomaior. Casada con Marcelino, tiveron tres fillos. Maruxa adicouse ao agro, o coidado da casa e da familia. Herdeira da tradición oral musical, de xeito autodidacta aprendeu nas fiadas de nena e nas tarefas comunitarias da aldea. Cantaba no coro da igrexa de San Salvador de Soutomaior. Sobre o seu espazo de tocar e aprendizaxe musical dixo textualmente:

"Na casa de Valentina, na casa nova, naquel cuartiño na planta baixa. Nun alboio alá enriba na casa da “Xoubeira”, alí si que se facían boas fiadas! Na mesma casa onde viven hoxe Alicia mais Tina, na casa “do Mocho”. Aquí nunha casa pequeniña que hai aquí, que é a casa do Ramón […], que estaba libre. Na casa que era de Aldina, antes de caer […], naquela casiña que tiña unha parede polo medio, nos deixaban desfacer a parede e faciamos alí a fiada… (1998)". [8][9]

Notas editar

  1. "Maruxa das Cortellas". Folque. 2018-03-15. Consultado o 2019-07-22. 
  2. Rial García, Serrana Mercedes (2009). O traballo das mulleres na Galicia rural do antigo réxime. Universidade de Santiago de Compostela. p. 31. 
  3. "Maruxa das Cortellas – Folque". archive.vn. 2019-06-25. Archived from the original on 25 de xuño de 2019. Consultado o 2021-01-11. 
  4. López, Ana de (25 de xuño de 2018). "El Memorial Ricardo Portela se estrena con nombre de mujer". Faro de Vigo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 12 de abril de 2019. 
  5. "Maruxa das Cortellas, primera mujer homenajeada en el Memorial Ricardo Portela". Pontevedraviva.com (en castelán). 25 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  6. "O pandeiro de Concha do Canizo". Diario Cultural. 2022-08-18. Consultado o 2022-08-19. 
  7. "Maruxa das Cortellas no programa Alalá". crtvg.es. 10 de outubro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  8. Publicación póstuma dun libro disco da colección Chave Mestra da Central Folque, editando a súa arte en trinta trillas.
  9. Feixoo, Xulia (2017). Maruxa das Cortellas. Tocadora de pandeiro (1ª ed.). Central Folque. p. 131. ISBN 978-84-940598-9-6. da profesora Asensio, semella que a música vocal das aldeas está doblemente invisibilizada, por feminina e por cotiá 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Feixoo, Xulia (2017). Maruxa das Cortellas. Tocadora de pandeiro (1ª ed.). Central Folque. ISBN 978-84-940598-9-6. 

Ligazóns externas editar