Martin Buber

Martin Buber, nado en Viena en 1878 e finado en Xerusalén en 1965, foi un filósofo e escritor xudeu.

Martin Buber
Martin Buber portrait.jpg
Nacemento8 de febreiro de 1878
Lugar de nacementoViena
Falecemento13 de xuño de 1965
Lugar de falecementoXerusalén
SoterradoMonte dos Descansos
NacionalidadeImperio Austrohúngaro, República de Weimar e Israel
EtniaPobo xudeu
Alma máterUniversidade de Viena, Universidade Humboldt de Berlín, Universidade de Zúric e Universidade de Leipzig
Ocupaciónfilósofo, existencialista, tradutor, pedagogo, escritor, crítico literario, profesor universitario, tradutor da Biblia, educador e zionist
CónxuxePaula Buber
FillosRafael Buber
Coñecido porI and Thou, sen etiquetar e A Land of Two Peoples
PremiosPrêmio Israel, Bialik Prize, Premio Erasmus, Prêmio da Paz do Comércio Livreiro Alemão, Placa Goethe da Cidade de Frankfurt am Main, doutor honoris causa pola Universidade Hebrea de Xerusalén, honorary doctor of the University of Münster, Honorary doctor of the Heidelberg University e honorary citizen of Jerusalem
Na rede
http://buber.de
IMDB: nm5049932 iTunes: 183858254 Musicbrainz: e2da2f39-6074-4015-aada-fea2f2ae8b84 Discogs: 1366211 WikiTree: Buber-2 Find a Grave: 9454943 Editar o valor em Wikidata
Martin Buber. Signatur 1953.jpg
editar datos en Wikidata ]
Martin Buber.

TraxectoriaEditar

Pasou boa parte da infancia co seu avó, un erudito na tradición e literatura xudía, en Lviv (Ucraína), tras unha crise relixiosa comezou a ler a Kant e Nietzsche. En 1896 marchou a estudar a Viena e en 1898 uniuse ao movemento sionista. En 1902 converteuse no editor do semanario Die Welt, o órgano oficial do sionismo e a partir de 1903 comezou a interesarse polo hasidismo. O ano seguinte, Buber deixou o traballo na organización sionista para se dedicar a estudar e escribir.

En 1906 publicou Die Geschichten des Rabbi Nachman, unha colección dos contos do rabino hasidí Nachman de Breslau, pero interpretados e reescritos para unha especie de neohasidismo. En 1908 publicou Die Legende des Baalschem, historias Baal Shem Tov, o fundador do hasidismo.

Entre 1910 e 1914 Buber estudou mitos e publicou edicións de textos míticos. Durante a primeira guerra mundial axudou a establecer a Comisión Nacional Xudía para mellorar as condicións dos xudeus de Europa oriental, e foi o editor da revista Der Jude ata 1924. En 1922 Buber e Franz Rosenzweig abriron a Freies Jüdisches Lehrhaus.

En 1923 escribiu a súa obra máis coñecida Ich und Du (Eu e máis ti), e en 1925 con Rosenzweig comezou a traducir a Biblia hebrea ao alemán.

En 1930 Buber converteuse en profesor honorario da Universidade de Frankfurt, pero á chegada dos nazis ao poder prohibíronlle dar leccións nela. En resposta á prohibición para os xudeus de acudir á educación pública fundou a Oficina central para a educación dos xudeus adultos.

En 1938 deixou Alemaña e asentouse en Xerusalén, onde entrou na Universidade Hebrea de Xerusalén e participou na discusión dos problemas dos xudeus en Palestina e na cuestión árabe. Militou no grupo moderado Ichud, que reclamaba un estado binacional para árabes e xudeus en Palestina.

En 1963 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

NotasEditar

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015.