Marta Domínguez Fernández

xogadora de squash galega

Marta Domínguez Fernández, nada o 2 de agosto de 2001 en Vigo, é unha xogadora de squash galega.

Infotaula de personaMarta Domínguez Fernández
Biografía
Nacemento2 de agosto de 2001 Editar o valor em Wikidata (22 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor em Wikidata
DeporteSquash Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Marta Domínguez debutou coa selección española en 2019 no Campionato de Europa, onde xogou un partido. Xogou no PSA World Tour por primeira vez en 2020. En 2021 converteuse en campioa de España tras derrotar na final a Cristina Gómez.[1] [2]. En decembro de 2021 logrou o seu primeiro título PSA no Rocafort Open ao vencer á favorita, a francesa Marie Stephan[3]. En agosto de 2022 quedou cuarta no Campionato de Europa de Squash [4] e en novembro logrou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Universitario que se celebrou en Exipto [5]. En decembro de 2022 era a número 71 do mundo [6].


Notas editar

  1. "O Squash Pontevedra presume con Marta Domínguez de campioa de España absoluta". pontevedraviva.com. Consultado o 5 de xuño de 2021. 
  2. "La viguesa Marta Domínguez, campeona de España de squash". La Voz de Galicia. 1 de xuño de 2021. Consultado o 5 de xuño de 2021. 
  3. "Marta Domínguez levanta su primer título PSA en Barcelona". Atlántico Diario. 19 de decembro de 2021. 
  4. "Marta Domínguez fue cuarta en el Europeo". Atlántico Diario. 22 de agosto de 2022. 
  5. "A estudante Marta Domínguez logra o bronce no mundial universitario de squash". Diario da Universidade de Vigo. 14 de novembro de 2022. 
  6. "Marta Domínguez Fernández". Squash Info. 14 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar