Marta Cid
Marta Cid i Pañella, nada en Amposta o 29 de xullo de 1960, é unha política catalá membro de Esquerra Republicana de Catalunya e deputada no Parlamento de Cataluña pola circunscrición de Tarragona. Foi Conselleira de Educación da Generalitat de Cataluña dende febreiro de 2004 até maio de 2006. Dende abril de 2007 é responsable da Secretaría de Acción Política da Federación do Ebro, Membro da Comisión Permanente de Esquerra, deputada no Parlamento de Cataluña e candidata á alcaldía de Amposta.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Marta Cid i Pañella 29 de xullo de 1960 (64 anos) Amposta, España |
Minister of Education of Catalonia (en) | |
27 de xaneiro de 2004 – 11 de maio de 2006 ← Josep Bargalló i Valls – Joan Manuel del Pozo (en) → | |
Deputada do Parlamento de Cataluña | |
21 de novembro de 2003 – 31 de marzo de 2004 ← Jordi Castells i Guasch (en) | |
Senadora de España | |
12 de marzo de 2000 – 17 de novembro de 2003 – Josep Andreu Domingo (pt) → Circunscrición electoral: Tarragona (en) | |
Regional Minister of the Government of Catalonia (en) | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | política, psicóloga |
Partido político | Esquerra Republicana de Catalunya |
Traxectoria persoal
editarMarta Cid é licenciada en Psicoloxía, diplomada en Maxisterio e posgraduada en Logopedia pola Universidade de Barcelona. Foi profesora de EXB entre 1982 e 1987 e psicóloga e logopeda da Escola de Educación Especial e Taller Ocupacional de Amposta (APASA) de 1987 a 2000. É coautora do libro PHN: la raó d'Estat contra l'Ebre i la Terra.[1][2]
Marta Cid practicou o balonmán até o ano 1984[1] e foi fundadora do Club Handbol Amposta Atlètic. Foi membro fundador da Coordinadora Antitransvasaments (Coordinadora Antitrasvase) e colaboradora en diversas entidades e asociacións culturais de Amposta.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Una maestra al frente de Ensenyament El Mundo, 21 de febrero de 2004
- ↑ Autores varios. PHN: la raó d’Estat contra l’Ebre i la terra Arola editors: 2003
- ↑ La VII assemblea de la PDE convoca los antitransvasistas en Vinaròs Arquivado 06 de outubro de 2007 en Wayback Machine. L'Ebre Digital, 23 de febrero de 2004