Martín Ferreiro Álvarez


Martín Ferreiro Álvarez, nado en Quireza (Cerdedo-Cotobade) o 13 de setembro de 1892 e finado no campo de concentración de Mauthausen-Gusen o 23 de novembro de 1941, foi un construtor e político galego.

Infotaula de personaMartín Ferreiro Álvarez
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1892 Editar o valor em Wikidata
Quireza, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Campo de concentración de Mauthausen-Gusen, Austria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónconstrutor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Vencellado á construción, marchou á Coruña. Durante a República afiliouse a Izquierda Republicana e foi concelleiro de Obras e tenente de alcalde no Concello herculino. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 procurou agocho en Quireza, despois en Portugal e Francia, combatendo o exército franquista nas frontes do Levante e Cataluña

Foi confinado no campo de Argelès-sur-Mer. Integrouse como voluntario nas Compañías de Traballadores Estranxeiros, desenvolvendo a súa profesión no reforzamento da Liña Maginot. Consumada a invasión alemá, sumouse ao exército francés para seguir combatendo o fascismo. Capturado pola Wehrmacht (maio-xuño de 1940), foi confinado no stalag V-D, preto de Estrasburgo, e posteriormente deportado a Mauthausen, canda outros 848 prisioneiros, o 13 de decembro de 1940.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar