Martin Eanes

trobador do século XIII
(Redirección desde «Martín Eanes»)

Martin Eanes Mariño (tamén Martin Anes Mariño) foi un trobador do século XIII que estivo activo na corte de Sancho IV.[1] Pertence á poderosa familia dos Mariño e é considerado irmán dos tamén trobadores Osoiro Eanes e Pero Eanes.[2]

Martin Eanes
NacionalidadeReino de Galicia
Ocupacióntrobador
editar datos en Wikidata ]

Obra editar

Tan só se conserva unha cantiga de escarnio e maldicir[3] na que satiriza a vestimenta do fidalgo Don Fulano.[4] Foi un dos trobadores que utilizou o tópico literario de Don Fulano, xunto con Pero Viviaez, Gil Pérez Conde, Afonso Mendez de Besteiros, Joan Garcia de Guilhade ou Alfonso X de Castela.[4] Na cantiga imita a estrutura e rima da composición Quant hom honratz torna en gran pauberia do trobador aragonés Peire Vidal.[5]

Notas editar

  1. "MedDB - Visualiza Trobador". bernal.cirp.gal. Consultado o 2021-08-20. 
  2. "Osoiro Anes | Real Academia de la Historia". Consultado o 2021-01-22. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". cantigas.fcsh.unl.pt. Consultado o 2021-08-20. 
  4. 4,0 4,1 Río Riande, María Gimena del (2011). "Intertextualidad, intermelodicidad y metatextualidad en una cantiga de escarnio del rey Don Denis" (20): 191–204. ISSN 0210-4911. Consultado o 22 de enero de 2021. 
  5. Camprubí Vinyals, Adriana (2014). "Procesos de contrafacción en la lírica profana gallego-portuguesa. La influencia occitana en los trovadores gallegos" (PDF). Universidad de Santiago de Compostela. pp. 30–31. Consultado o 22 de enero de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar