Marouna
Marouna é segundo a tradición oral das Illas Cook un antepasado dos arikis de Aitutaki, a súa descendencia deu orixe ás catro xefaturas tradicionais da illa: Vairuarangi Ariki, Tamatoa Ariki, Teurukura Ariki e Manarangi Ariki.
Orixe
editarA nai de Marouna era Maine-marae-rua, descendente de Ruatapu, un dos tres grandes devanceiros fundadores de Aitutaki. Maine Maraeura fora enviada a Rarotonga para casar con Tamaiva, que morreu sen deixar descendentes, logo casou con Te-ii-mate-tapu, do que naceu Marouna, o rapaz pasou a súa xuventude en Rarotonga, casou con Ratia co que tivo un fillo de nome Tane. Por esta época a illa de Aitutaki sufriu unha invasión procedente do leste, a dos Atiu. O avó de Marouna, Maevarangi, o gran xefe de Aitutaki, mandou unha canoa a Rarotonga para atopar os fillos de Maine-marae-rua para que lle axudasen a combater os Aitu.
Liberación de Aitutaki
editarAntes de se dirixir cara a Aitutaki, Marouna sen tempo para construír unha vaka, pídella a Angainui, conservando o nome da embarcación, Te mata o te-koviri, mais tamén lle deu 6 homes para o acompañar á terra dos seus devanceiros. Desembarcou en varias illas e logo de celebrar combates recrutou guerreiros en todas elas. A Aitutaki chegou pola noite e logo de loitas que duraron catro días ata que venceu, como recompensa deulles unha leira de terra a cada un dos guerreiros que ían con el.
Descendencia
editarÁ morte de seu avó, Maeva Rangi, Marouna sucedeulle como ariki de Aitutaki. Casou en segundas nupcias con Uenuku Kaiatia, coa que tivo un fillo de nome Te Tupu o Rongo, que tivo tres fillos con tres mulleres diferentes, dándolle a cada un o título de ariki, e mais tamén llo deu a Tane, o fillo que tivera Marouna en Rarotonga, formándose dese xeito os catro arikis tradicionais de Aitutaki
Bibliografía
editar- Timi Koro , "The story of the canoe Te Kare-roa-i-tai, which was sailed by Ruatapu Ariki" in JPS, 1934
- Collectif, "Te akapapaanga o te ui ariki o Araura" in "Te Korero o Aitutaki na te Tumu Korero", Ministry of Cultural Development, 1992, p. 44-45.
- Maui Pomare, "Roina and Urirau return to Aitutaki", in "Legends of the Maori (Volume 2)", Papakura, New Zealand.
- Howard Henry, "The Book of Tetaura-Raru, The Henry Family of the Cook Islands : Our Genealogy of 1000 years", Sovereign Pacific Publishing Company, Auckland, New Zealand.