Mark N. Brown

Astronauta estadounidense

Mark Neil Brown é un astronauta estadounidense retirado que participou nas misións STS-28 e STS-48. Pasou un total de 10,39 días no espazo.[1][2]

Mark N. Brown
Datos persoais
Nacemento18 de novembro de 1951
LugarValparaiso
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
MisiónsSTS-28 e STS-48
Tempo no espazo10,39 días
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Brown naceu o 18 de novembro de 1951 en Valparaiso, Indiana. É graduado en enxeñería aeronáutica e astronáutica pola Universidade Purdue en 1973, e graduado en enxeñería astronáutica polo Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1980. Está casado con Lynne A. Anderson e ten dúas fillas.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en maio de 1984 e tras un ano de adestramento e avaliación pasou a ser astronauta oficialmente en xuño de 1985. Formou parte da tripulación das misións STS-28 e STS-48.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Mark N. Brown (Colonel, USAF) NASA Astronaut (former)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Brown, Mark Neil" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar