Marjane Satrapi
Marjane Satrapi (en persa, مرجان ساتراپی , AFI mærˈʤɔːne sɔːtrɔːˈpiː), nada en Rasht (Irán) o 22 de novembro de 1969, é unha escritora e debuxante iraniana en lingua francesa.
Marjane Satrapi مرجان ساتراپی | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Marjane Ebrahimi |
Nacemento | 22 de novembro de 1969 |
Rasht County | |
Nacionalidade | Irán e Francia |
Alma máter | École supérieure des arts décoratifs de Strasbourg, Islamic Azad University, South Tehran Branch, Lycée Français de Vienne, Islamic Azad University Central Tehran Branch e Razi High School |
Ocupación | guionista, ilustradora, escritora, animadora, directora de cine, novelista, artista visual, artista de banda deseñada, compositora de cancións, actriz e pintora |
Cónxuxe | Mattias Ripa |
Xéneros | Novela gráfica |
Coñecido/a por | Persepolis, Chicken with Plums, Embroideries, As vozes e Radioactive |
Estudos | Belas Artes |
Premios | Prêmio do Júri do Festival de Cannes, Sutherland Trophy, César de melhor adaptação, César de melhor primeiro filme, Oficial das Artes e das Letras, Premio Gato Perich, Honorary doctor of the Katholieke Universiteit Leuven, honorary doctor of the Catholic University of Louvain, Peter Pan prize, Premio Sproing, Urhunden Prizes, Urhunden Prizes, Adamson Awards, Premio Max & Moritz, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, Harvey Award, Angoulême International Comics Festival Prize for Best Album, Noor Iranian Film Festival, premio e Commandeur des Arts et des Lettres |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
É filla única dunha familia de Teherán. A súa familia, de talante progresista, mandouna estudar ao Liceo Francés até que foron suprimidos os colexios bilingües polas autoridades islámicas xurdidas a partir da revolución iraniana de 1979. Ela e a súa familia, que simpatizaban coa revolución antes de que adquirise carácter islamista, viviron con dor as restricións das liberdades individuais, a represión, a imposición do veo feminino e o estoupido da guerra Irán-Iraq, que o novo réxime utilizou para consolidarse.
En 1984, con 14 anos, os seus pais decidiron enviala a estudar a Viena (Austria), para que puidese completar a súa educación laica e permitir que se desenvolvese nun ambiente menos opresivo ca o do seu país natal. Marjane non falaba alemán, pero nese momento era máis fácil conseguir un pasaporte para Austria que para Francia. Tras completar os estudos secundarios regresou a Irán para estudar Belas Artes, e ao rematar decidiu marchar a Francia para seguir estudando Artes Decorativas en Estrasburgo.
Carreira profesional Editar
Comezou a traballar en París como ilustradora de literatura infantil. Da man de Christophe Blain e o colectivo L'Association coñeceu o debuxante e guionista David B., que a animou a introducirse no mundo da banda deseñada para narrar os seus recuerdos da infancia en Irán.
A novela gráfica Persépole é unha peza autobiográfica que arranca nos momentos finais do réxime do Sah e que dá conta das dificultades de vivir baixo un estado teocrático, así como das distintas formas de seguir vivindo unha vida laica malia a vixilancia dos gardas da revolución e da veciñanza, oportunamente convertidos a un islamismo máis militante ca o do propio goberno. A obra foi publicada en catro volumes, e acadou un grande éxito de crítica e público. Foi adaptada ao cinema de animación por ela mesma e por Vincent Paronnaud en xuño de 2007.
En 2003 publicou Broderies, unha banda deseñada sobre as mulleres iranianas. Resultou nomeada ao premio ao mellor álbum no Festival de Banda Deseñada de Angoulême de 2004. En 2005 publicou Poulet aux prunes, co que adaría dito premio na edición de 2006 do festival.
Obra Editar
- Persépole (Persepolis; L'Association, 2000-2003; catro tomos)
- Sagesse et malices de la Perse (Albin Michel, 2001; en colaboración con Lila Ibrahim-Ouali e Bahman Namwar-Motlag)
- Les monstres n'aiment pas la lune (Nathan, 2001)
- Ulysse au pays des fous (Nathan, 2001; en colaboración con Jean-Pierre Duffour)
- Ajdar (Nathan, 2002)
- Broderies (L’Association, 2003)
- Poulet aux prunes (L’Association, 2003)
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marjane Satrapi |