Mariya Muzychuk

xadrecista ucraína

Mariya Olégivna Muzychuk (en ucraíno: Марі́я Оле́гівна Музичу́к), nada o 21 de setembro de 1992, é unha xogadora de xadrez ucraína e Campioa Mundial Feminina de Xadrez de abril de 2015 a marzo de 2016. Tamén é campioa do equipo europeo e mundial con Ucraína en 2013 e gañadora da medalla de bronce na Olimpíada de xadrez de 2012 e 2014 con Ucraína.[1]

Infotaula de personaMariya Muzychuk

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(uk) Марія Олегівна Музичук Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Lviv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUcraína Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaUcraína Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaMestra Internacional Femenina (2005)
Gran Mestra Feminina (2007)
Mestre Internacional (2008)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (2015) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.563 (2019)<
Identificador FIDE14114550 Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Women's Chess Olympiad 2018 (en) Traducir
2016Women's Chess Olympiad 2016 (en) Traducir
2014Women's Chess Olympiad 2014 (en) Traducir
2014Campeonato Mundial Feminino de Xadrez de 2015 (pt) Traducir
2013Q16702226 Traducir
2013Q13224315 Traducir
2012Women's Chess Olympiad 2012 (en) Traducir
2010Women's Chess Olympiad 2010 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAnna Muzychuk Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: MariyaMuzychuk Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os pais ensináronlle a xogar ao xadrez con dous anos, e aos tres xa coñecía todas as pezas de xadrez.[2] Aos seis anos participou no seu primeiro torneo de xadrez.[3]

Muzychuk gañou a sección para nenas Sub-10 no Campionato de Europa de xadrez xuvenil de 2002 en Peñíscola. En novembro de 2010 clasificouse como a quinta mellor xogadora feminina Sub-20 do mundo.[4]

Conseguiu chegar ao Top 16 do Campionato Mundial Feminino de Xadrez de 2010, mais perdeu contra Dronavalli Harika nun armaxedón despois de empatar nas súas partidas.

Gañou o Campionato Feminino de Xadrez de Ucraína en 2012 e 2013. En 2014 gañou o premio á mellor muller no Masters de Xibraltar.[5]

Converteuse en campioa mundial en 2015. Na primeira rolda empatou coa canadense Yuanling Yuan nos xogos clásicos e derrotouna nos desempates. En segunda rolda empatou coa polaca Monika Soćko nos xogos clásicos e derrotouna nos desempates. En terceira rolda derrotou a excampioa mundial feminina Antoaneta Stefanova nos xogos clásicos por unha puntuación de 1½-½. En cuartos de final derrotou a india Humpy Koneru nos desempates (2½-1½), e venceu a tamén india Dronavalli Harika na semifinal por desempates (3½-2½). Na final venceu a rusa Natalia Pogonina cun resultado de 2½-1½. Coa súa vitoria obtivo o título de Gran Mestra Feminina e clasificouse para a Copa Mundial de Xadrez de 2015 de Bakú (Acerbaixán).[6] Ese ano foi galardoada coa Orde ao Mérito de Ucraína de terceiro grao, polo presidente Petro Poroshenko.[7] Porén, perdeu o título contra Hou Yifan no Mundial do ano seguinte por 3-6.

En 2022 foi convidada a xogar no Club de Xadrez de Paterna, que gañou a liga valenciana.[8]

Estilo de xogo editar

Nas aperturas Muzychuk xeralmente xoga defensa siciliana coas negras, seguido de defensa francesa coas brancas e defensa holandesa coas negras.[9] Ten a capacidade de atopar trucos tácticos inesperados, que ás veces compensan os defectos na súa comprensión posicional.[10] Durante o seu partido polo Campionato Mundial contra Natalia Pogonina, os medios denominárona «Miss Tactics».[11]

Vida persoal editar

Ten unha irmá máis vella, Anna Muzychuk, quen tamén é unha xadrecista de primeiro nivel. Amais do xadrez, as irmás tamén xogan ao tenis de mesa.[3]

Notas editar

  1. Micutaru, Ciprian (5 de abril de 2015). "Ukrainian Mariya Muzychuk is the new Women’s World Champion". Chess DailyNews (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  2. "Certificate of Title Result Grandmaster" (PDF). FIDE - International Chess Federation. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Gralla, Rene (25 de novembro de 2011). "“We are not the Ukrainian ‘Kosintseva Sisters’! We are the Muzychuk Sisters!”". Chess DailyNews (en inglés) (Hamburgo). Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  4. "Top 20 Girls November 2010". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  5. Ramírez, Alejandro (10 de febreiro de 2014). "Closing Gala in Gibraltar". ChessBase (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  6. Silver, Albert (4 de xuño de 2015). "Mariya Muzychuk is the 15th World Champion". ChessBase (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  7. "Порошенко наградил чемпионку мира по шахматам Музычук орденом" (en ruso). RIA Novosti. Consultado o 28 de noviembre de 2017. 
  8. Martínez de la Calle, Alberto (12 de xuño de 2022). "Anna Muzychuk: «Pagué un alto precio por no jugar en Arabia Saudí. Fue lo correcto»". Las Provincias (en castelán) (Vocento). Consultado o 15 de novembro de 2022. 
  9. Chess DB (ed.). "Mariya Muzychuk". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 28 de noviembre de 2018. 
  10. "Mariya Muzychuk". Chess.com. Consultado o 16 de novembro de 2022. 
  11. "Ukrainian chess player wins 2015 Women's World Championship". UNIAN Information Agency (en inglés). 5 de abril de 2015. Consultado o 16 de novembro de 2022.