Marisol Soengas

científica galega

María Soledad Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha científica galega especialista en microbioloxía e recoñecida investigadora a nivel mundial sobre o melanoma. Dende 2008 lidera o Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, equipo que vén traballando dende 2017 en torno ao papel que a proteína midkina xoga na metástase do melanoma[1][2][3].

Infotaula de personaMarisol Soengas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Agolada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña - Licenciatura
Universidade Autónoma de Madrid - Doutoramento Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmicrobióloga , immunóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCentro Nacional de Investigação Oncológica (pt) Traducir (2008–)
Universidade de Míchigan (2002–2008) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

LinkedIn: maria-s-soengas-a7309a42 Dialnet: 3252109 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a estudar na Universidade da Coruña e especializouse en Microbioloxía na Universidade Autónoma de Madrid. Obtivo o título de doutora con honores polo estudo dos mecanismos moleculares de replicación do ADN no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa.[4] Nese centro participou no lanzamento da startup Bioncotech Therapeutics (2010) unha empresa con sede en Paterna que traballa no desenvolvemento de tratamentos contra o cancro a partir de ARN. No laboratorio deste centro formouse xunto a Margarita Salas.[5]

De 1997 a 2002 foi investigadora no Laboratorio Cold Spring Harbor (Long Island, estado de Nova York) analizando os mecanismos da morte celular e a súa implicación no melanoma.[4]Tamén desenvolveu investigación na Universidade de Míchigan.

Dende 2008 é responsable do Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).[4]

En 2022 ingresou na RAGC como académica correspondente xunto a Ana Cebreiro Gómez. [6]

En 2023 foi nomeada presidenta da Asociación Española de Investigación contra o Cancro (AsEICa).

En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[7]

Premios e recoñecementos editar

  • Premio María Josefa Wonenburger Planells, 2009 [8]
  • Premio Estela Medrano, da Sociedade para a Investigación do Melanoma, 2017 [3]
  • Premio Excutivas de Galicia, 2017 [3]
  • Premio Constantes y Vitales, 2017 [3]
  • XXVI Premio Fundación Carmen e Severo Ochoa polos seus estudos sobre o melanoma e o seu impacto sobre os pacientes afectados por estes tumores.[9]
  • LXV Premio Fernández Latorre 2023 pola súa brillante traxectoria na loita contra o melanoma.[10]

Notas editar

  1. Cerezo-Wallis, Daniela; Contreras-Alcalde, Marta; Troulé, Kevin; Catena, Xavier; Mucientes, Cynthia; Calvo, Tonantzin G.; Cañón, Estela; Tejedo, Cristina; Pennacchi, Paula C. (2020-10-19). "Midkine rewires the melanoma microenvironment toward a tolerogenic and immune-resistant state". Nature Medicine (en inglés): 1–13. ISSN 1546-170X. doi:10.1038/s41591-020-1073-3. 
  2. Garrido, A. (19 de putubro de 2020). "Un equipo del CNIO descubre cómo el melanoma ‘engaña’ a los mecanismos de defensa del organismo y aumenta la resistencia a la inmunoterapia". CNIO (en castelán). Consultado o 03 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Romar, R. (27 de outubro de 2017). "Marisol Soengas: «Vamos a poder predecir el riesgo de metástasis de un melanoma»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 03 de decembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "María S. Soengas". CNIO (en inglés). Consultado o 03 de decembro de 2020. 
  5. Rey, Manuel (2018-05-30). "Marisol Soengas: "O melanoma é o campión das mutacións, e por iso é tan agresivo"". GCiencia. Consultado o 03 de de decembro de 2020. 
  6. Redacción (2022-02-10). "A Real Academia Galega de Ciencias incorporará cinco académicas en 2022". GCiencia. Consultado o 2022-02-12. 
  7. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11. 
  8. mauleón, amaia (12 de decembro de 2009). ""Las científicas no estamos discriminadas, pero somos muy peleonas"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 03 de decembro de 2020. 
  9. www.axel-k.com (2021-11-16). "Marisol Soengas, Premio Carmen y Severo Ochoa 2021". CNIO (en castelán). Consultado o 2021-11-22. 
  10. Romar, R. (2023-07-25). "La científica Marisol Soengas obtiene el Premio Fernández Latorre". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-25. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar