Marisol Salanova nada en Valencia o 21 de outubro de 1982, é unha comisaria e crítica de arte española.[1]

Infotaula de personaMarisol Salanova

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncrítico de arte , comisaria de arte , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata

Páxina webmarisolsalanova.net Editar o valor em Wikidata
Twitter: MarisolSalanova Instagram: marisolsalanova Tumblr: marisolsalanova LinkedIn: marisolsalanova TikTok: marisolsalanova Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Marisol Salanova é licenciada en Filosofía pola Universidade de Valencia e máster en Produción Artística pola Universidade Politécnica de Valencia. Dedicou a súa carreira profesional á comunicación artística, a crítica de arte e comisariado de exposicións. Traballa de forma habitual como redactora e colaboradora de medios como Cadea Ser, ABC Cultural, Diario Levante, Revista Mirall e Descubrir a arte. En 2012, xunto a Javier Castro, fundou Micromegas, unha editorial independente especializada en ensaio sobre teoría da arte e estudos culturais, que codirixó durante 8 anos.[2][3]Como crítica participou tamén en catálogos e libros de artista.

Salanova tamén se desenvolve como docente e asesora de artistas e coleccionistas. Traballa desde unha perspectiva de xénero, "concibindo ao artista como activista, velando polos intereses de todo axente cultural implicado en cada proxecto con equidad e trato horizontal, rompendo o estereotipo do comisariado por encima da creación artística".[4]

No ano 2021 foi a comisaria de "NFTsART. Convocatoria de criptoarte para artistas dixitais” onde levaron adiante diferentes coloquios sobre NFTs e criptoarte.[5][6] Dentro dos seus traballos destaca a comunicación que fai da arte en redes sociais como Instagram ou TikTok.[7]

Obras publicadas editar

  • Inteligencia artística. 2023. EAN 9788419271891
  • Innovación desde el museo: ensayos sobre emergencia cultural (coordinadora). 2021. ISBN 978-84-482-6611-0 [8]
  • Enterrados. El ocaso de los cuerpos. 2015. EAN 9788494054549
  • Postpornografía. 2012. ISBN 978-84-15107-29-3

Obras colectivas editar

  • Comisariado ¿pedagógico? 2022. ISBN 978-8413525938
  • La escalera de Jacob. 2018. ISBN 9788494953910 [9]

Notas editar

  1. "Marisol Salanova" (en castelán). Consultado o 2023-04-20. 
  2. ARTEINFORMADO (20140603). "Editorial Micromegas. Editorial" (en castelán). Consultado o 2023-04-20. 
  3. "Marisol Salanova · Art critic/ Curating/ Consulting" (en castelán). Consultado o 2023-04-20. 
  4. "Marisol Salanova – Catarata" (en castelán). Consultado o 2023-04-20. 
  5. ARTEINFORMADO (20210419). "(Casi) Todo lo que necesitas saber sobre los NFTs y nadie te ha explicado. Creación. abr 2021" (en castelán). Consultado o 2023-04-20. 
  6. "Utopías - Criptoarte - 25/04/21" (en castelán). 2021-04-26. Consultado o 2023-04-20. 
  7. S.L, EDICIONES PLAZA. "Marisol Salanova: "La digitalización cultural no sé si acorta o aumenta distancias con el público"" (en castelán). Consultado o 2023-04-20. 
  8. S.L, EDICIONES PLAZA. "'Innovación desde el museo': ¿cómo respondieron los museos a la crisis de la covid-19?" (en castelán). Consultado o 2023-04-20. 
  9. "La escalera de Jacob | WorldCat.org" (en castelán). Consultado o 2023-04-21. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  • MAV
  • Centre do Carme