Marisa Vidal Collazo

Profesora, escritora, teóloga e feminista galega

María Luísa Vidal Collazo, máis coñecida como Marisa Vidal Collazo, nada en Corme en 1966,[1] é unha profesora, escritora, teóloga e feminista galega.

Marisa Vidal Collazo
Nacemento1966
Lugar de nacementoCorme
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Pontificia Comillas
Ocupaciónmestra, escritora, activista polos dereitos das mulleres e teólogo
Na rede
Facebook: marisa.vidalcollazo LinkedIn: marisa-vidal-collazo-b2b714146 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou no IES Rosalía de Castro de Santiago, licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela e diplomouse en Ciencias Relixiosas na Universidade Pontificia Comillas ICAI-ICADE.

Foi profesora de Relixión Católica e Física e Química en educación Secundaria. Foi coordenadora da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria e participante na Rede Galega en apoio a Persoas refuxiadas, na Red Miriam ou na Asociación de Teólogas Españolas.[2]

Foi secretaria da mesa de redacción da revista Encrucillada na que escribiu sobre relixión, galeguismo e femininismo.[3] Tamén colaborou en Irimia, Andaina e Nós Diario.[4]

Obra editar

Notas editar

  1. Martín, Irene (2021-03-15). "Marisa Vidal: «As mulleres queremos formar parte da toma de decisións na Igrexa»". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-04-19. 
  2. "Evento: Mujeres líderes: diálogos en linea por un futuro igualitario- Marisa Vidal Collazo Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2022-04-19. 
  3. "Marisa Vidal Collazo". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-04-19. 
  4. Diario, Nós. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2022-04-19. 
  5. "Eu son Exeria. lectura feminista dunha viaxe no século IV". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-04-19. 
  6. Nicolás, Ramón (2022-04-30). "Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV, de Marisa Vidal Collazo". Caderno da crítica. Consultado o 2022-04-30.