Mariner 8

Sonda espacial estadounidense a Marte, fallida.

Mariner 8 foi unha sonda espacial estadounidense lanzada o 9 de maio de 1971 mediante un foguete Atlas Centaur D desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte, fallando antes de chegar sequera á órbita terrestre por un fallo do foguete lanzador.[1][2][3]

Mariner 8
Mariner 8
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualDestruído sen chegar a órbita.[1][2][3]
Data de lanzamento9 de maio de 1971, 1:11 GMT[1][4]
Foguete portadorAtlas Centaur D[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 36A[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.[1][2]
Masa558,8 kg[1]
Potencia500,0 W[1]

Características editar

Mariner 8 pertenceu ó programa Mariner da NASA. Era idéntica á posteriormente exitosa Mariner 9 e xunto ela era parte do proxecto Mariner Mars 71. A súa misión era entrar en órbita de Marte para facer medicións e observacións científicas, pero un fallo na etapa Centaur impediulle chegar a órbita, caendo no océano Atlántico, a uns 1500 km de Cabo Cañaveral e a uns 560 km ó norte de Porto Rico.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (1 de xullo de 2013). "Mariner-H" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2011). "Mariner 8-9" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Mariner 8, 9" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Mariner 8" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar