Marina Garcés Mascareñas

filósofa e ensaísta catalá

Marina Garcés Mascareñas, nada en Barcelona o 30 de maio de 1973, é unha filósofa e ensaísta catalá. É profesora adxunta da materia Pensamento filosófico e científico contemporáneo na Universidade Aberta de Cataluña. Foi profesora titular de Filosofía na Universidade de Zaragoza durante quince anos. Tamén foi profesora noutras universidades como a Universidade Pompeu Fabra ou a Universidade de Xirona, a través de varios mestrados.[1] Impulsou o proxecto colectivo Espai en Blanc de pensamento crítico e experimental.[2][3] Un dos conceptos centrais do seu pensamento é o común na forma de desenvolver alternativas para afrontar as crises actuais. Defende a filosofía como forma de vida, unha arte que nace na rúa e continúa ininterrompida no espazo íntimo e invisible.[2]

Infotaula de personaMarina Garcés Mascareñas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - filosofía (–2001)
Universidade de Barcelona - filosofía (–1996) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofa , principal investigator (en) Traducir , profesora , escritora , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Aberta de Cataluña
MACBA Museo de Arte Contemporánea de Barcelona
Universidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá, lingua catalá, lingua inglesa, lingua alemá e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJordi Garcés (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmarinagarces.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2022421 Twitter: MarinaGarces Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Filosofía na Universidade de Barcelona, onde se doutorou en 2001 coa tese Las prisiones de lo posible. Desde 2002 impulsa e coordina o proxecto Espai en Blanc, unha aposta colectiva por unha relación comprometida, práctica e experimental co pensamento filosófico.[3] Residente en Barcelona, exerce como profesora titular de Filosofía na Universidade de Zaragoza. Colaborou coa Universidade Aberta de Cataluña, coa Universidade Pompeu Fabra e coa Universidade de Xirona.[1][4] Desde 2016 é membro do profesorado do Programa de Estudos Independentes do MACBA e dirixe a Aula Aberta do Instituto de Humanidades do CCCB. En 2017 foi a pregoeira das Festas da Mercè.[5] O seu discurso provocou a polémica polos atentados do 17 de agosto dese ano.[6]

Pensamento editar

Os seus referentes son Baudelaire, Immanuel Kant, o confucianismo e Jaurès. Malia as súas aproximacións ao marxismo heterodoxo da escola de Frankfurt na obra Nova il·lustració radical, as súas razóns teñen máis que ver co relativismo posmoderno e a filosofía confucionista.[7]

Marina Garcés percibe a filosofía como unha práctica vinculada non só ao mundo académico, senón tamén relacionada cos movementos sociais e culturais, que cualifica como un territorio de experimentación, resposta e compromiso.[8][9][10]

Considera que as novas formas de politización se caracterizan polo anonimato. Non se trata do anonimato das masas, da homoxeneización, da uniformidade, senón da vida que se pode dicir ao mesmo tempo en primeira persoa do singular e do plural. Algo que non se fai desde unhas siglas concretas, representantes, senón desde unha presenza compartida. Trátase de querer reapropiarse da vida e, ao mesmo tempo, de abrir espazos para unha politización radical da vida.[9] En Filosofía inacabada (2015) fálase do "fin dos grandes homes". Cuestiona o feito de que todos os filósofos fosen homes, brancos, occidentais e acomodados, e sinala que hoxe hai un cambio cara á feminización, á precariedade e á colectivización do pensamento filosófico.[10]

Publicacións editar

Premios editar

  • 2018 - Premio Ciutat de Barcelona - na categoría de ensaio, ciencias sociais e humanidades pola súa obra Nova il·lustració radical.[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "La filòsofa i escriptora Marina Garcés inaugura, el 21 de setembre, el curs acadèmic a la UPC". Universitat Politècnica de Catalunya (en catalán). Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Molina, Ángela (7 de setembro de 2015). El País, ed. "Marina Garcés: “La filosofía nace como arte callejero”". 
  3. 3,0 3,1 "Marina Garcés". CCCB. Consultado o 31 de xaneiro de 2022. 
  4. "Marina Garcés. Cátedra de Filosofía Contemporánea". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2022. 
  5. ""Ciutat retrobada", de Marina Garcés: pregó de la Mercè 2017". www.barcelona.cat (en catalán). Consultado o 2022-02-06. 
  6. Évole, Jordi (18 de febreiro de 2018). "El calvario de Marina Garcés en redes: "Animaron a venir a hacerme la vida imposible a mi trabajo"". laSexta.com (en castelán). 
  7. Garcés, Marina (2017). Nova il·lustració radical (en Catalán e castelán) (2ª ed.). Anagrama. p. 1 - 20, Adorno, Ésser social-Humà. 
  8. Néspolo, Matías (15 de febreiro de 2018). "Marina Garcés, la filósofa insumisa". El Mundo (en castelán). 
  9. 9,0 9,1 La Vanguardia, ed. (18 de decembro de 2013). "Hay un independentismo poco identitario". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 "Garcés, en busca de lo común". La Vanguardia. Miradas. 12 de setembro de 2015. 
  11. "Marina Garcés, la filósofa insumisa". ELMUNDO (en castelán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar