Marina Berlusconi
Marina Elviara Berlusconi, nada en Milán o 10 de agosto de 1966, é unha empresaria italiana, filla de Silvio Berlusconi e da súa primeira muller, Carla Elvira Lucia Dall´Oglio. Preside Fininvest e o grupo Mondadori, líder editor de Italia.
Marina Berlusconi | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Marina Berlusconi |
Nacemento | 10 de agosto de 1966 |
Lugar de nacemento | Milán |
Nacionalidade | Italia |
Alma máter | Universidade de Milán |
Ocupación | emprendedora e empresaria |
Pai | Silvio Berlusconi |
Nai | Carla Dall'Oglio |
Irmáns | Barbara Berlusconi, Pier Silvio Berlusconi, Eleonora Berlusconi e Luigi Berlusconi |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Asistiu ao Liceo clásico Leone Dehon de Monza. Entru en Fininvest, empresa familiar, moi xove, e en 1996 xa era a vicepresidenta, cargo que mantivo ata 2005, cando asumiu a presidencia do holding. En 2003 substituíu ao defunto Leonardo Mondadori na presidencia do grupo Mondadori. Ten dous fillos, Gabriele, nado en 2002, e Silvio, nado en 2004, tidos coa súa parella, Maurizio Vanadia, antigo bailarín do teatro La Scala, con quen casou o 13 de decembro de 2008. Tamén é membro do consello de administración de Mediolanum, de Medusa Film, Mediaset, 21 Investimenti e dende o 1 de novembro de 2008, de Mediobanca. A revista Forbes a clasificou como a muller italiana máis rica e a número 33 do mundo.