Marie Wawa

actriz de cine vanuatiana

Marie Wawa, nada na vila de Yakel na illa de Tanna, provincia de Tafea, é unha actriz de cinema vanuatiana.[1][2][3]

Infotaula de personaMarie Wawa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoTanna Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVanuatu Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8426078 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 2015 protagonizou Tanna, un filme australiano-vanuatiano[4] no que se conta a historia dunha parella que decide casar por amor, contradicindo os desexos dos seus pais.[5] O filme, que foi o primeiro enteiramente rodado en Vanuatu, gañou dous premios no Festival Internacional de Cine de Venecia[6] e tamén foi escollido como o candidato australiano ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios,[7][8] Wawa aparece como coprotagonista xunto con Mungau Dain.[9]

Wawa, ao igual que o resto do elenco de Tanna, non tiña experiencia previa na interpretación antes do seu casting.[1] A trama conta unha tráxica historia de amor e o filme foi rodado preto da vila de Yakel.[10] Marie Wawa foi elixida para interpretar a Wawa, unha moza que se ve forzada a casar por matrimonio concertado para selar a paz con outra tribo.[1][11] Porén, fica namorada do neto do seu xefe, interpretado por Mungau Dain.[8][11] As súas familias rexeitan a unión[12] e a parella finalmente acaba por suicidarse, ao igual que aconteceu nos anos 1980 na historia real dunha parella de Tanna.[12] O desenlace fatal fixo que os anciáns permitisen o matrimonio por amor.[12]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Marks, Kathy (11 de setembro de 2015). "Big-screen debut for Pacific Island tribe who regard Prince Philip as a god". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2019. 
  2. Kenny, Glenn (15 de setembro de 2016). "Review: In ‘Tanna,’ Lovers Are Torn Apart to Keep Tribal Peace". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 16 de xullo de 2019. 
  3. Maddox, Garry (4 de novembro de 2015). "Tanna: the ancient Vanuatu tribe who had never watched a film now star in one". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2019. 
  4. adelaidefilmfestival.org (ed.). "Tanna – Adelaide Film Festival 2015". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  5. Luke Buckmaster (5 de novembro de 2015). The Guardian, ed. "Tanna review – volcanic South Pacific love story shot entirely in Vanuatu". Consultado o 2 de decembro de 2017. 
  6. Settimana Internazionale della Critica. sicvenezia.it, ed. "All Awards 2015 announced: Audience Award Pietro Barzisa to Tanna by Bentley Dean and Martin Butler". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2019. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  7. Frater, Patrick (23 de agosto de 2016). Variety, ed. "Australia Selects ‘Tanna’ as Foreign-Language Oscar Contender". Consultado o 23 de agosto de 2016. 
  8. 8,0 8,1 Harmon, Steph (6 de xaneiro de 2019). "Mungau Dain, Tanna star and 'Vanuatu’s Brad Pitt', dies after untreated leg infection". Guardian Australia. Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2019. 
  9. Turan, Kenneth. "The exotic 'Tanna' tells a tale of forbidden love that's as old as time". latimes.com. Consultado o 16 de xullo de 2019. 
  10. Wong, Tessa (25 de xaneiro de 2017). "The Oscar-worthy film inspired by a tribal song" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2019. 
  11. 11,0 11,1 Merry, Stephanie (29 de setembro de 2016). "'Tanna': A real-life ‘Romeo and Juliet,’ set amid warring tribes". The Washington Post. Archived from the original on 27 de abril de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2019. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Ives, Mike (10 de xaneiro de 2019). "Mungau Dain, Villager Star in Pacific Island Film, Dies at 24". New York Times. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2019.